Traballos creativos e reflexións sobre o concepto de NATUREZA, realizados polo alumnado de 1º BAC A, na materia de Filosofía, coa profesora Carmen Cabaneiro.
Páxinas
▼
xoves, 30 de novembro de 2017
Agasallos da Asociación Feminista de Vilalba
Corredora de María Reimondez, 22 segundos de Eva Mejuto e Maruja Mallo de Elvira Riveiro, tres marabillosos agasallos que recibimos este pasado martes da Asociación Feminista de Vilalba. Lecturas para a igualdade que axiña poderedes levar en préstamo!
mércores, 29 de novembro de 2017
sábado, 25 de novembro de 2017
O CONCEPTO DE NATUREZA
Unha fermosa e interesante exposición, no primeiro andar do edificio A, recolle os traballos creativos e as reflexións que, arredor da idea de NATUREZA, elaborou o alumnado de Filosofía de 1º BAC, guiado pola súa profesora Carmen Cabaneiro. A mostra poderáse visitar ao longo destes últimos meses do ano 2017. Os que seguen son os traballos dos rapaces e rapazas de 1º BAC B.

25N DE 2017 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Onte, no Basanta Silva, pintamos os muros e manifestamos o noso rexeitamento da vilolencia de xénero, coa lectura dun manifesto e a actuación de Ari, Noa, Anxo, Lois, Montero e Trastoy, que rapearon para nós, en primicia, o marabilloso tema que eles mesmos compuxeron e que puidemos escoitar tamen á noite no Auditorio.
PINTANDO CRISTAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
mércores, 15 de novembro de 2017
OS NOSOS MEDOS

De camiño á biblioteca, podedes facer unha parada no corredor para ver todos estes seres míticos presentes nos nosos medos. Esta exposición, elaborada por rapaces e rapazas de segundo da ESO coa axuda de Araceli, a súa profesora de galego, axúdanos a situarnos nestes mundos imaxinarios que temos tan preto de nós. Vide vela!