Páxinas

Día internacional das persoas con discapacidade

Con motivo da conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, no IES Santiago Basanta Silva quixemos recordar que a discapacidade non significa incapacidade e que queremos vivir nunha sociedade incluínte e accesible.

Todos/as temos diferentes capacidades e case todos/as teremos algunha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas. Porque como escoitábamos na peli "Campeones" : “quen é normal? Ti e eu somos normais?“

A inclusión impórtanos e quixemos recordalo elaborando este super mural. 😍❤️ Como se pode ver, no Basanta Silva hai campeóns e campeonas todos os días do ano e aquí estiveron, hoxe tamén, rompendo barreiras, abrindo portas, facendo camiño...

E ti que contas?

Inauguramos o rincón de contar co video que nos enviou Manuel dende a India. Vide velo.!

Recordamos o certame de fotopoemas.

Animádevos a participar. Vide pola biblio, aínda quedan poemas!

Debuxo de Isabel Pardo contra a violencia de xénero

Debuxo da nosa compañeira de 1de BaC no auditorio municipal polo 25N

Video presentación da exposición “Libres e vivas"

Video da expodición do 25N "Libres e vivas"
Esta gravación foi feita e gravada polo alumnado de 2eso C

martes, 6 de novembro de 2018

RETO Poético. Rouba un poema.

Combina os lombos dos libros e róuballes uns versos. ANÍMATE A PARTICIPAR. Tes de prazo ata decembro. Consulta as bases.

Ponlle imaxe a un poema!

"Ponlle imaxe a un poema!
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 📷 📷
Ven pola biblio, pide os poemas e escolle un. Tes de prazo ata o 30 deste mes para presentar a imaxe. Anímate a participar!



Cosmín, gañador do Reto Poético de novembro

Moitos parabéns para Cosmín que leva un bocata, un refresco e un sobre sorpresa.