“Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas”. (Agustín Fernández Paz)
Páxinas
▼
venres, 30 de setembro de 2016
DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN
Como cada ano desde fai xa medio século, en coincidencia coa festa de San Xerome, considerado por moitos o primeiro tradutor e patrón dos tradutores, o 30 de setembro celébrase oDía Internacional da Tradución. Trátase dunha iniciativa promovida pola Federación Internacional de Traductores (FIT), coa que se pretende render anualmente unha homenaxe a todos os homes e mulleres que se dedican a esta profesión crave para o mundo do libro.
Baixo o lema Connecting Worlds, nesta edición farase fincapé no rol de tradutores e intérpretes como facilitadores da comunicación entre as persoas, conectando mundos e fomentando a comprensión. (Vía: Observatorio de la Lectura y el Libro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario