“Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas”. (Agustín Fernández Paz)
Páxinas
▼
venres, 30 de decembro de 2016
AS PALABRAS DO ANO 2016
Entre os case douscentos termos propostos, o Portal das Palabras elixiu irmandade como Palabra do Ano 2016 entre as seis finalistas, das que formaba parte: porcoril (híbrido de porco vietnamita e xabaril), alburgada, eleccións, populismo e xenofobia.
“2016 foi o Ano das Irmandades da Fala, coincidindo co centenario da súa fundación. Coñecendo o sentido que impulsou a súa actividade e mais a súa maneira de facer, non queda dúbida de que irmandade é a mellor palabra que puideron escoller para se presentar á historia. Os seus membros tratábanse entre deles de irmáns, e con ese apelativo figuraban nos seus carnés, a xeito de contestación simbólica contra a oficialidade establecida”. (Seguir lendo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario