venres, 30 de novembro de 2018
Día internacional das persoas con discapacidade
Con motivo da conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, no IES Santiago Basanta Silva quixemos recordar que a discapacidade non significa incapacidade e que queremos vivir nunha sociedade incluínte e accesible.
Todos/as temos diferentes capacidades e case todos/as teremos algunha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas. Porque como escoitábamos na peli "Campeones" : “quen é normal? Ti e eu somos normais?“
A inclusión impórtanos e quixemos recordalo elaborando este super mural. 😍❤️ Como se pode ver, no Basanta Silva hai campeóns e campeonas todos os días do ano e aquí estiveron, hoxe tamén, rompendo barreiras, abrindo portas, facendo camiño...
Video presentación da exposición “Libres e vivas"
Video da expodición do 25N "Libres e vivas"
Esta gravación foi feita e gravada polo alumnado de 2eso C
martes, 6 de novembro de 2018
RETO Poético. Rouba un poema.
Ponlle imaxe a un poema!
luns, 1 de outubro de 2018
Parabéns, Ariana!!!
No acto de entrega de premios, que tivo lugar o 16 de agosto en Reigosa, a nosa compañeira recibiu un diploma, uha tablet e un lote de libros. Pero non só iso, ao ser o seu o traballo máis votado, o noso instituto recibiu tamén un lote de libros e unha fermosa escultura en madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado, obra do artista lucense Luís Loureira, titulada Peiteando o porvir, que poderemos admirar en breves, cando rematen as obras de mellora da biblioteca.
Nestas fotos da Asociación de Amigos de Reigosa podemos vela no acto de entrega, xunto con outros premiados e a súa profesora Carme Cabaneiro.

Grazas aos organizadores e, por suposto, a Ariana, a quen animamos a seguir escribindo. Como dicía Castelao no seu Sempre en Galiza
Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma
Deixamos aquí o seu excelente traballo, titulado ” Serendipia”.