Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía e Historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía e Historia. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de xaneiro de 2017

ROTEIRO HISTÓRICO POR VILALBA

O pasado venres 27 de xaneiro realizamos unha visita polo casco histórico da vila. O director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) explicounos diferentes elementos do noso patrimonio (edificios civís e relixiosos, cruceiros, rúas e prazas, escudos, etc), informounos doutros relacionados con eles (as revoltas irmandiñas, os petos de ánimas, as fontes e lavadoiros, os castros, as portas da muralla, os antigos oficios, etc.) e desmontou interpretacións erróneas afaianzadas pertinazmente.




Esta actividade, á que asistiu alumnado de 4º de ESO, foi organizada polo equipo da biblioteca e o ENDL para botar a andar o roteiro literario que imos facer.

domingo, 6 de decembro de 2015

EUSTORY (9º edición)

Este concurso de historia a nivel europeo para estudantes de secundaria e bacharelato, propón nesta edición un achegamento ao patrimonio histórico a través dunha investigación na que o alumnado deberá reflexionar sobre a súa contorna. A data límite de entrega dos traballos é o 17 de agosto de 2016. A participación está aberta aos estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, que poden presentarse ao certame de forma individual ou en grupo.

Para o alumnado haberá un primeiro premio de 2500€, catro segundos de 1000€, cinco terceiros de 500€ e10 accésit de 200€; ademais dunha viaxe a Europa. Para os tirores os galardóns serán de 1250€ o primeiro premio, 500€ o segundo, 250€ o terceiro e 100€ o accésit.