Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de novembro de 2017

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Como sabemos, a biblioteca escolar non se organiza segundo criterios persoais e particulares, senón seguindo a Catalogación Decimal Universal (C.D.U.) e adaptándoa ás circunstancias dun centro educativo de ensinanza secundaria.

A Formación de Usuarios abrangue un campo amplísimo: dende manexar a CDU ou coñecer a ubicación da propia biblioteca e dos fondos bibliotecarios, ata buscar información empregando o índice dun libro ou Internet. 























Neste comezo de curso, as rapazas e rapaces dos distintos grupos de 1º da ESO baixaron á biblioteca para realizar un conxunto de actividades orientadas á Formación de Usuarios. Desta maneira, intentamos formar usuarios autónomos, capaces de se desenvolver nesta ou en calquera biblioteca pública.

Familiarizarse co uso da biblioteca escolar facilitará ao alumnado a soltura no manexo de distintas fontes, necesaria para emprender calquera traballo de investigación, así como a interpretación de diferentes tipos de textos, contribuíndo á participarción activa e de xeito autónomo do alumnado na súa formación. 

Ademais, a biblioteca ofrece un espazo para a lectura voluntaria e o ocio, un lugar acolledor onde  entreterse, relaxarse e aprender.





aprender.

sábado, 28 de outubro de 2017

Visita ao vello cárcere de Lugo.

No 1887 Nemesio Cobreros constrúe en Lugo o segundo cárcere modelo do Estado e o primeiro pertencente á orde panóptica, continuadora do modelo ideado polo filósofo inglés Jeremy Bentham a finais do XVIII, que garantía a vixiancia do detido, velo sen que el vexa ao vixiante, o que asegura o funcionamento automático do poder. Outros exemplos coñecidos son os cárceres de Barcelona, Oviedo ou Badaxoz, onde se primaba a individualización do preso fronte aos anteriores sistemas de aglomeración. Pero co colpe de estado do 1936, este cárcere, pensado para 140 reclusos, chega a albergar 900 persoas. Dende este momento, ata finais de 1940 rexistráronse máis de cinco mil ingresos nesta prisión por motivos políticos.


Esta visita, realizada polas alumnas e alumnos participantes nos debates do Parlamento Xove, tiña como obxeto ver “in situ” a idea do panóptico de Bentham, que tamén aborda Michel Foucault na súa obra "Vixiar e Castigar" e que foi empregada polo alumnado no argumentario dos debates. A mesma idea que se aborda na ficción de 1984, na que Orwell imaxina unha suposta sociedade onde os invididuos perden absolutamente a intimidade e a liberdade, suxeitos ao control permanente dun vixiante omnipresente: O Gran Irmán.


Na exposición do cárcere atopamos datos dos ingresos, libros de memorias, testemuñas, obxectos e diverso material conservado, que nos axudou a reconstruir a vida no cárcere. Tamén puidemos ver “Vermellas, chamábanlles roxas”, unha exposición arredor da importante actividade desenvolvida por moitas mulleres durante a II República, e da represión sufrida durante os anos da guerra e do réxime derivado do golpe de estado do 36. Nos andares superiores, a exposición de arte contemporánea permiteunos reflexionar respecto ao noso pasado, moitas veces vivo aínda no presente, e imprescindible para poder comprender e afrontar a actualidade, o mundo que nos rodea.

Ademais, aproveitamos a viaxe a Lugo para ir ao cine. Fomos ver “Blade Runner 2049”, pois xa coñecíamos o film de 1982, un clásico da ciencia ficción do que tamén sacáramos ideas para os debates.








xoves, 22 de xuño de 2017

UN RELATO DE DIESTE EN CURTA

Presentámosvos a curtametraxe Sobre a morte do Bieito, unha adaptación do relato homónimo de Rafael Dieste incluído na obra Dos arquivos do trasno. Esta actividade corresponde a unha das propostas de traballo voluntario para o terceiro trimestre feitas pola profesora de Lingua Galega ao alumnado de 1º de BAC. Dita proposta consistía na representación dun dos relatos desta obra de Dieste, que foi libro de lectura obrigatoria para eles. 

David Basanta, Manuel Debasa, Lara Pena e Manuel Vidal elixiron este coñecido relato e realizaron este magnífico traballo. Todo o mérito para eles!






sábado, 3 de xuño de 2017

ALFÍN NA BIBLIOTECA II

O alumnado do Nivel I do PMAR realizou durante varias sesións lectivas un traballo de investigación relacionado coa unidade didáctica dedicada ás Forzas e o Movemento (Ámbito científico-matemático), usando as ferramentas informáticas da biblioteca.

Este é o resultado final:


Páxinas web empregadas:


"LEER TE DA VIDAS EXTRA"

O novo Plan de Fomento da Lectura 2017-2020, baixo o lema Ler dáche vidas extra, é unha das medidas contempladas no Plan Cultura 2020, e está dotado con 7,2 millóns de euros para este ano 2017.

Obxectivo
Este novo Plan ten como principal obxectivo o incremento da demanda lectora mediante a promoción, extensión e consolidación do hábito da lectura.




Liñas estratéxicas do Plan de Fomento da Lectura
O Plan de Fomento da Lectura configúrase como unha proposta aberta para que poidan seguir introducíndose novas medidas no futuro. Sen prexuízo diso, establécense unha serie de liñas que dotan de coherencia ás actuacións que leven a cabo:
  • Promoción dos hábitos lectores mediante ao apoio a eventos propiamente literarios. Outorgarase maior importancia á familia como transmisora do gusto pola lectura.
  • Impulso da lectura no ámbito educativo.
  • Reforzo do papel das bibliotecas no acceso á lectura.
  • Fortalecemento do sector do libro.
  • Fomento do respecto á propiedade intelectual.
  • Mellora das ferramentas de análise.

Impulso da lectura no ámbito educativo
A Lei 10/2007 sinala, no seu artigo 4.1., que "os plans de fomento da lectura considerarán a lectura como unha ferramenta básica para o exercicio do dereito á educación e á cultura". De acordo con este mandato, a segunda liña estratéxica do Plan engloba actuacións como as seguintes:
  • Consolidación da lectura como instrumento multidisciplinar
  • Formación dos/das docentes
  • Potenciación das bibliotecas escolares
  • Fomento da lectura en centros educativos:
    • Convocatoria de proxectos de boas prácticas e outros premios e concursos
    • Posta en marcha de proxectos de iniciación precoz á lectura
    • Programas de prevención e detección de dificultades de aprendizaxe na lectura
    • Creación e difusión de recursos didácticos para mellorar a comprensión lectora
    • Outras accións de fomento da lectura en centros de ensino primario e secundario

Envío de suxestións
A cidadanía pode enviar propostas a través dun formulario


Recursos descargables
(Vía: CCEOU)



martes, 30 de maio de 2017

DE CONTOS NO CEIP M. MATO VIZOSO

Voltamos cos contos, esta vez noutro colexio de Primaria da vila. O alumnado que os dramatizou conseguiu atraer a atención do público ao que ía drixido. Escoitou con gran atención ambos relatos e contestou a todas as preguntas e propostas feitas.


  • La vaca que puso un huevo

 

 


  • A min non me comas!

 

  


Tanto o alumnado de Infantil e da ESO coma o profesorado gozou da actividade.



Ao final, ao igual que na visita ao outro colexio, fixemos unha foto de grupo.



domingo, 28 de maio de 2017

NOVAS ZONAS DE LECTURA

A biblioteca xa está, ademais de no comedor, noutros espazos comúns do centro coa creación destes recunchos para o alumnado e as familias co fin de poder gozar da lectura fóra da sala e as aulas.

Aproveitádeas!


 


   


  


venres, 26 de maio de 2017

CONCURSO SOBRE CARLOS CASARES

O alumnado do 1º ciclo de ESO realizou estes traballos para participar no concurso sobre o autor. Podédelos ver na vitrina branca da biblioteca, que está no corredor do edificio A.

 Os premiados coñeceranse axiña.



luns, 22 de maio de 2017

I ENQUISA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO EN ADOLESCENTES

La Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad lanza en 2017 una campaña de educación y sensibilización contra la violencia de género entre menores de edad.

Las estadísticas sobre violencia de género en España siguen arrojando cifras alarmantes. Al intolerable número de mujeres asesinadas se suma la constatación de que están aumentando las actitudes machistas entre adolescentes.

Según los datos del Instituto Nacional de Estadística (INE), los mayores aumentos del número de víctimas de violencia de género en 2015 respecto al año anterior se dieron entre las mujeres de 50 a 54 años (17,6%) y entre las menores de 18 años (10,6%).
 

¿EN QUÉ CONSISTE EL PROGRAMA?
  • Recopilación, en nuestra página web y redes sociales, de toda la información de interés general y noticias de actualidad. Las nuevas tecnologías son unas herramientas clave en la lucha contra el maltrato. 
  • Edición de un folleto informativo y educativo sobre violencia de género en adolescentes.
  • Elaboración de una ENCUESTA que se distribuirá en centros educativos españoles y asociaciones de padres, madres y profesores para conocer la visión que tienen los menores sobre la violencia de género.
  • Con los datos obtenidos de la encuesta, publicación de una Guía online para la prevención de la violencia de género entre menores. 
(Vía: Mujeres en Igualdad)


Se tes de 12 a 17 anos (ambos inclusive), sería bo que a cumprimentases.

Acceso á enquisa




xoves, 18 de maio de 2017

FALLO DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O xurado, reunido o día 11 de maio de 2017, resolveu conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A

1º premio:

O arco da vella, de Manuel María
Paula López González e Carlota Millor Pardo (1º ESO-B)



2º premio:

Todo canto amei, de Antón Avilés de Taramancos
Nerea Morado Parga e Paula Pérez Seijas (1º ESO-D)





CATEGORÍA B

1º premio:

Lela, de Castelao 
Laura Freire Ledo e Uxía Lamas Paz (4º ESO-A)

 


2º premio:

Negra Terra, de Manuel Rivas
Paulo Domínguez López e Manuel Francisco Lamela Gómez (4º ESO-B)



Parabéns ao alumnado gañador e tamén ao que non obtivo ningún premio!

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Durante o recreo de hoxe, o alumnado gañador recibiu o seu premio e visionamos os vídeos galardoados.