Inauguramos no centro a exposición
que, sobre a emigración, elaborou o alumnado de 4º da eso coa súa
profesora de galego Araceli. Nela atoparedes dende fotografías, textos e viñetas, ata cartas manuscritas e obxectos chegados de América.
Ao comentar os textos literarios do S.XIX, comprobamos que había un
elemento común á maioría dos que tiñan un certo contido social: a
denuncia da emigración, das súas causas e consecuencias...”Outra vez a
emigración?”
Isto leva a facérmonos unha serie de preguntas:
tan grande fora a incidencia deste fenómeno naquel século?; e no século
XX?; cal era o perfil das e dos emigrantes?; en cantas das nosas
familias había alguén que emigrara, onde e cando o fixera? E pouco a
pouco comezamos a tirar do fío das nosas historias familiares.
Fomos recadando información, así como documentos, cartas e fotografías
dos nosos familiares e o que empezou como untraballo de literatura pasou
a ser isto, un espazo común que nos axuda a reconstruir e conservar a
nosa memoria familiar e, por extensión, a memoria colectiva de todos os
galegos e galegas espallados na diáspora, tan solidarios e comprometidos
por outra parte coa súa terra de orixe, non só no plano familiar senón
tamén coa veciñanza.
Chegados a este punto, e unha vez sabemos o
que fomos –emigrantes-, quizais debéramos reflexionar sobre o
recibimento que tiveron os nosos e o que agora damos aos que
chegan-inmigrantes.
Agardamos que vos guste e tamén vos faga facervos preguntas.
Hoxe, na presentación, pero tamén ao longo da elaboración de todo este
traballo, tivemos a sorte de poder contar coa inestimable axuda de
Nerea, alumna de 4º da ESO que, con enorme ilusión, interese e
sensibilidade, comparteu con nós historias, momentos e sensacións,
moitas delas tristes, pero cheas dese realismo máxico que ela transmite.
A exposición atópase no corredor que conduce á biblioteca.
Aquí deixamos unha mostra fotográfica deste interesantísimo traballo, se
aínda non a vistes, ide vela!