Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da escritura. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de maio de 2017

"HISTORIA DEL LIBRO"

Esta interesante mostra, como xa dixemos nunha entrada anterior, fai un percorrido pola historia da comunicación escrita desde os seus antecedentes ata os actuais formatos dixitais.

Poderáse comtemplar ata o día 23 de xuño.

  

  

  





xoves, 13 de abril de 2017

RETO LOGRADO

Co gallo do Día Mundial da Poesía propuxémosvos o desafío de encher a pizarra branca da biblioteca con definicións propias ou doutra autoría en diferentes linguas sobre este xénero literario. 

Estas son as achegas feitas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

luns, 27 de marzo de 2017

PREMIOS E BOLSAS

XIV Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

  • Información
O obxectivo do certame é recoñecer a calidade artística de traballos creados para nenos e mocidade, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
As persoas participantes deberán presentar os traballos tomando como base o texto gañador na modalidade de narración, que foi a obra Do meu nome e outras trapalladas, do escritor Antonio Yáñez Casal.
  • Participantes
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración do XIV Premio Pura e Dora Vázquez.
  • Prazo
O prazo de admisión de orixinais termina o 31 de marzo, admitíndose, con todo, aqueles que foran entregados nas oficinas de Correos ese mesmo día.
  • Premio
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 euros.



VI Premio de Poesía Carme Villaverde


  • Información
O IES Nº1 de Ordes convoca a sexta edición do Premio de Poesía, 
en lembranza da docente Carme Villaverde Raña. 
  • Participantes
Alumnado de ESO, de Bacharelato, de ESA e de FP de Grao Medio e de Grao Superior que curse estudos en Galicia e non teña cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2017. 
  • Requisitos
Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
Remitiranse cinco exemplares en papel en formato DIN A-4. 
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais da persoa participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda. 
  • Premio
Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable. 
  • Prazo
O prazo de presentación remata o 5 de maio de 2017 ás 14:00 horas. 
  • Xurado
O xurado estará integrado por profesorado de lingua e literatura. 
A decisión do xurado darase a coñecer o día 11 de maio de 2017 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente á persoa premiada. 
A entrega do premio terá lugar na Casa da Cultura de Ordes o día 22 de maio ás 19:00 horas. 
A obra gañadora será publicada na revista do centro. 




5ª Convocatoria Bolsas Eurolingua 2017. Curso de inglés en Irlanda. 


  •  Información 
Bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda, de dúas semanas de duración, durante o mes de agosto de 2017, nun programa de inmersión todo incluído. Establécese un lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios/as, de ESO, de bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada pola axencia na súa totalidade. 
  • Convoca 
Eurolingua Venairlanda S.L. 
  • Obxectivo 
Defender e potenciar a idea da aprendizaxe de inglés no estranxeiro como o mellor modo de aprender o idioma. 
  • Datos de interese 
Os cursos, financiados ao 100%, incluirán: 
· Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento. 
· Aloxamento en familia ou residencia universitaria. 
· Programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico. 
· Programa de actividades culturais visitas e excursións. 
· Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia. 
· Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión. 
En caso de forza maior a data poderase modificar, pero sempre se debe realizar o curso nos meses de verán. 
  • Datas
A data de saída será o 27 de xullo e a de regreso o 10 de agosto. 



Bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España 


  • Convocatoria 

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017.
  • Persoas beneficiarias
Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas: 
a) Nacer entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016/17 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
· Bacharelato 
· Ensinos profesionais de música e danza 
· Grao medio de Formación Profesional 
· Grao medio de artes plásticas e deseño 
· Grao medio de ensinos deportivos e 
· Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado 
b) Obter no curso 2016/17 a condición de bolseiro/a do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución 11 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2016/17, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 13 de agosto).
c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. 
d) Obter un número de orde na lista de persoas adxudicatarias que o/a sitúe dentro do total de bolsas a conceder. 
  • Prazo
Finalizará o día 20 de abril de 2017.
  • Contía da axuda
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso, con excepción de 100,00 euros para completar o prezo total do curso e dos gastos de desprazamento ao centro que lle sexa asignado, que serán por conta do participante. 
  • Criterio de adxudicación
A asignación das bolsas entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos efectuarase atendendo á cualificación obtida na materia de inglés.

sábado, 4 de marzo de 2017

VARIOS CONCURSOS


DENOMINACIÓN
Descrición ou temática
Destinatarios/as
Prazos
Máis información

XXVI Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil y Juvenil 

Os interiores e/ou exteriores de elementos do Patrimonio Nacional e dos vinculados historicamente á Coroa española.
Alumnado de 5º y 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO.
Inscrición: ata o venres 17 de marzo de 2017.
Presentación dos traballos: ata o venres 7 de abril de 2017.

XXIV Certamen Literario Relato Corto Camargo

Fomentar os valores literarios e promover a linguaxe escrita como medio de expresión e comunicación.
Categorías:
A) De 14 a 18 anos.
B) De 19 a 35 anos.
Ata o día 16 de marzo, ás 20:00 horas.

XI Edición del concurso de fotografía ¿Cómo T vistes, cómo T ves? 

Reflectir nunha imaxe, a relación persoal coa indumentaria e o seu vínculo co mundo musical.
Alumnado de entre 12 e 18 anos de ESO e FP.
Ata as 14:00 h. do 7 de abril de 2017.

XVII Concurso "Cuentos sobre Ruedas"

Fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte en autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros.
Persoas de calquera idade.
Ata o 30 de abril de 2017.

VIII Concurso Escolar '¿Cuánto tiempo tienes para mí?

Expresar a necesidade de compartir máis tempo coas súas familias, creando novos espazos de conciliación.
Alumnado de Educación Primaria (de 6 a 12 anos) e de ESO (de 12 a 16 anos).
Ata ao 31 de maio


xoves, 23 de febreiro de 2017

QUE É POESÍA?

Xa se escribiron varias contestacións en diferentes linguas, mais aínda hai moito espazo baleiro.

Seguide escribindo as respostas!




martes, 14 de febreiro de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para commemorar este día (21 de marzo), propoñevos outro desafío, co que tamén celebraremos o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro).

Seremos quen de encher a pizarra branca da biblioteca con definicións propias ou doutra autoría?




venres, 10 de febreiro de 2017

A TABLA PERIÓDICA DA ORTOGRAFÍA DO CASTELÁN

Juan Romeu Fernández, lingüista e colaborador da RAE, é o creador desta orixinal táboa.

O seu autor dixo: “La idea surgió de pura casualidad. Un día iba en el autobús volviendo de trabajar y me saltó una foto en Facebook en la que salía un amigo mío posando con una tabla periódica detrás… De pronto lo vi claro: ¿y si hacemos una tabla periódica con normas de ortografía?”

Debaixo de cada símbolo químico hai unha norma de escritura, pronuncia, etc. relacionada con el:
      

  


Foi publicada en Sin Faltas no ano 2016 e a páxina estivo inaccesible debido ao gran número de visitas. Compartiuse 3.500 veces nun fin de semana, converténdose nun fenómeno viral.