Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro Infantil e Xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro Infantil e Xuvenil. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de abril de 2017

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ E O CINE

No seu libro O rastro que deixamos deixou constancia da súa paixón pola sétima arte: 

“Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes gardadas na miña memoria”.

Martin Pawley afirma no seu artigo que “en toda la literatura gallega de ayer y hoy no hay escritor que haya hecho tan explícito y fértil en su obra su amor por el cine como Agustín Fernández Paz.”

luns, 3 de abril de 2017

"PEONZA"

Esta é unha revista de literatura infantil e xuvenil que ofrece información sobre literatura infantil e xuvenil e fomenta a animación á lectura.

Cuentos de antaño, cuentos de siempre está dedicado á narración oral e á vixencia do conto tradicional. “En plena revolución tecnológica, en la que manejamos más pantallas que páginas, ¿siguen teniendo cabida las ficciones sobre animales que hablan, príncipes encantados, oficios olvidados, bosques inmensos, ogros y brujas? ¿Continúan vigentes esas historias de malvados que comen niños y princesas hermosísimas y candorosas? ¿Debemos reservar un tiempo para la narración reposada de estos cuentos? ¿Tienen algo que ofrecernos? (...) Creemos que los viejos cuentos de hadas deben tener todavía su espacio y que las tramas y personajes que nos ofrecen forman parte de lo más profundo de nuestra cultura y siempre son un buen lugar al que volver. Y que hay que contarlos, porque el calor de la palabra todavía no tiene sustituto electrónico.”.



No número 86, El humor en la literatura infantil, “Peonza está de buen humor en estos tiempos de crisis (¿o son de “risis”?) y quiere ofrecer un número que constata desde su editorial que, por lo menos, desde hace 2.500 años en el mundo hay humor (…) Gracia y salero serán aportaciones hispanas, pero siempre en torno a esa visión aguda e irónica, a veces con tintes negros, de lo que nos rodea (...) El sentido del humor, como el sentido estético e incluso el sentido común, se educa a través de juegos de palabras, adivinanzas, disparates, canciones, onomatopeyas…, utilizando la fantasía y manejando siempre el lenguaje (…) El humor se ha instalado en la literatura infantil y suele ser el telón de fondo de las historias que nuestros niños leen en este siglo XXI”.


domingo, 2 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (2 de abril)

Este ano aconsellámosvos a lectura de tres números da Revista Platero, que están dedicados a grandes escritoras e escritores da literatura infantil e xuvenil: Gloria Fuertes, Christine Nöstlinger e Roald Dahl.










Queremos tamén destacar dúas noticias relativas a premios e galardóns: a nominación do escritor Jordi Sierra i Fabra ao Premio en Memoria de Astrid Lingrend (ALMA) e a inclusión de Ledicia Costas, autora de Escarlatina, a cociñeira defunta, e Ramón Nicolás, tradutor de Bisa Bea, Bisa Bel, na Lista de Honra de IBBY de 2016.



E por último, tan pronto como saia da imprenta, entregarase a toda a comunidade educativa un marcapáxinas cunha mensaxe de Agustín Fernández Paz:

Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas.

Tentade levala a cabo!



luns, 6 de marzo de 2017

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e con el unha das datas máis significativas para os mediadores e mediadoras de lectura, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.

Nesta ocasión, a sección de IBBY de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado. Tamén está accesibe en inglés e ruso a través da páxina de IBBY. 


Coma en anos anteriores, GALIX anima a centros escolares, bibliotecas e librarías a colaborar na difusión desta mensaxe. Así mesmos, as bibliotecas e centros educativos poden participar no concurso "Andersen hoxe" que para a celebración deste día organizan a OEPLI e todas as súas seccións. Pódese acceder a toda a información nesta ligazón. (Vía: Bibliotecas Escolares de Galicia)



luns, 13 de xuño de 2016

A NOSA BIBLIOTECA NO XORNAL EL PROGRESO (07-06-16)

Agustín Fernández Paz recibe a calor dos alumnos do IES Basanta Silva de Vilalba

O escritor, que non puido viaxar pero gravou un vídeo, dálle nome á biblioteca do centro de ensino

Alumnos e mestres do IES Basanta Silva, con Bragado e a familia de Fernández Paz, ante a biblioteca. C.PÉREZ
Un sinxelo e emotivo acto serviu para porlle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba, que a partir de onte pasa a chamarse oficialmente biblioteca Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o cartel descuberto pola irmá do escritor, Tita, acompañada por varios familiares. 

O seu estado de saúde impediulle ao homenaxeado estar presente fisicamente, tal e como lle tería gustado, pero quixo facer acto de presencia polo menos de xeito virtual, a través dun vídeo «caseiro» gravado na tarde do domingo. «Gustaríame estar aí con vós, pero as circunstancias son as que mandan», desculpouse Fernández Paz, «encantado» de que a biblioteca leve o seu nome. 

«As bibliotecas e os libros son moi importantes para min», dixo, polo que este pequeno tributo na súa vila natal «é un motivo de alegría moi grande», asegurou, lembrando que el non estudou nel, pero si veu nacer un instituto que celebra o seu cincuentenario. 

Os escolares dos equipos de normalización lingüística e da biblioteca do centro foron os encargados de coordinar esta homenaxe. 

«O lugar no que estades agora cando eu era neno eran hortas e monte baixo», contóulles aos máis de 200 rapaces presentes, lembrando tamén as bidueiras da beira da estrada «e por aí os cativos das Fontiñas era onde xogabamos, a indios e vaqueiros, a policías e ladróns..., falo de tempos moi antigos», bromeou. 

Xa para despedirse, Fernández Paz incidiu en que se sentía «moi honrado» pola deferencia e prometeu corresponder con libros, ademais de desexar poder visitala biblioteca algún día. 

De introducir a súa intervención encargouse un «moi emocionado» Manuel Bragado, director da editorial Xerais e, sobre todo, amigo persoal do escritor «galego contemporáneo máis importante». Bragado destacou a biblioteca como a «aula principal» e a «fonte de luz» de calquera instituto, polo que veu moi acaído que leve o nome dun destacado membro da «tribo universal dos contadores de historias». 

O acto de homenaxe previo ao descubrimento do nome da biblioteca celebrouse no salón de actos do instituto e tivo como protagonistas a varios alumnos, integrantes dos equipos de normalización lingüística do centro e da biblioteca. 

Eles encargáronse de repasar a vida e a obra de Fernández Paz, falando da súa infancia vilalbesa, da súa defensa do idioma ou dos seus múltiples recoñecementos, lendo tamén fragmentos de varias das súas máis de 50 obras. Ademais, estudantes de segundo de ESO intepretaron varias pezas musicais. (C.P.R.)

BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, POR MANUEL BRAGADO

Agustín Fernández Paz

“Viaxei na tarde do luns 6 de xuño a Vilalba para participar no acto de inauguración da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva que este ano celebra o seu cincuentenario. Un acto escolar ben fermoso, unha homenaxe literaria ao autor das Fontiñas no seu propio barrio, coa memoria das abidueiras sempre presente. As intervencións musicais e literarias do alumnado debuxaron un retrato humano e literario moi atractivo e acaído de Agustín, a quen o centro acordou poñer o nome da súa revitalizada biblioteca. Emocionante foi a atención coa que o alumnado seguiu a mensaxe gravada na que Agustín en cinco minutos expresou a súa gratitude e contou algunha das súas andanzas de pícaro nas terras onde se construíu o edifico do instituto nos anos sesenta. O magnífico acto do IES Basanta de Vilalba, onde só escoitei falar galego, algo hoxe sorprendente, amosa que como dixo Agustín “unha biblioteca é unha luz”; como demostra o papel dinamizador da biblioteca escolar na vida dun centro e a gran calidade de moitos dos traballos literarios que se realizan nos nosos centros educativos. Cando saín, chamei decontado a Agustín para contarlle esta marabilla.” (Vía: AELG)

Moitas grazas por as túas verbas e por estar con nós ese día.

martes, 5 de abril de 2016

domingo, 3 de abril de 2016

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

A conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil centrarémola na figura deste escritor vilalbés, Premio dos Clubs de Lectura do ámbito educativo de Galicia no ano 2015.


 Non imos facer, como de costume, un resumo sobre a súa vida e obra senón que vos convidamos a penetrar nelas picando sobre as seguintes imaxes:



  
  



sábado, 2 de abril de 2016

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

O escritor danés naceu en Odense o 2 de abril de 1805 e finou en Copenhague o 4 de agosto de 1875.




Aínda que foi un prolífico escritor de obras de teatro, novelas, poesías e narracións sobre viaxes, é mundialmente coñecido polos seus contos infantís (máis de 150), que foron traducidos a máis de 125 linguas, e inspiraron ballets, películas e obras de teatro. Entre eles inclúense: O traxe novo do emperador, O soldadiño de chumbo e A sereiña.



Na súa honra, o IBBY concede cada dous anos o Premio Hans Christian Andersen a un autor e a un ilustrador que estean vivos no momento do nomeamento e cuxas obras completas constitúan unha contribución significativa á literatura infantil e xuvenil.

Hans Christian Andersen
Cuentos de Andersen (En liña)
Contes d’Andersen (En liña)
Andersen’s Tales (En liña)
Premios Hans Christian Andersen

venres, 1 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase cada 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen. Esta celebración esta promovida polo IBBY (International Board on Books for Young People ou Organización Internacional para o Libro Xuvenil). Este colectivo sen ánimo de lucro, fundado en Zúrich en 1953, está formado  por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.

Os seus obxectivos son:
  • Promover o entendemento internacional a través dos libros para a infancia e a mocidade.
  • Facilitarlles aos rapaces/as e mozos/as de todos os países oportunidades para acceder aos libros de calidade literaria e artística.
  • Favorecer a publicación e distribución de libros de calidade para nenos/as e xoves, especialmente nos países en desenvolvemento.
  • Fornecer apoio e formación a aqueles que traballan con rapaces/as e mozos/as e cos libros concibidos para eles.
  • Estimular a investigación e a publicación de traballos académicos no campo dos libros para rapaces/as e mozos/as.


Cada ano unha das súas setenta e cinco seccións nacionais é a patrocinadora e a encargada de seleccionar un tema, un escritor e un ilustrador representativos do seu país para elaborar a mensaxe e o cartel. Este ano, o país elixido é Brasil. 







A Sección Española do IBBY recibe o nome de Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI). Constituíuse formalmente o 27 de xullo de 1982.



xoves, 31 de marzo de 2016