luns, 27 de marzo de 2017

PREMIOS E BOLSAS

XIV Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

  • Información
O obxectivo do certame é recoñecer a calidade artística de traballos creados para nenos e mocidade, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
As persoas participantes deberán presentar os traballos tomando como base o texto gañador na modalidade de narración, que foi a obra Do meu nome e outras trapalladas, do escritor Antonio Yáñez Casal.
  • Participantes
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración do XIV Premio Pura e Dora Vázquez.
  • Prazo
O prazo de admisión de orixinais termina o 31 de marzo, admitíndose, con todo, aqueles que foran entregados nas oficinas de Correos ese mesmo día.
  • Premio
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 euros.



VI Premio de Poesía Carme Villaverde


  • Información
O IES Nº1 de Ordes convoca a sexta edición do Premio de Poesía, 
en lembranza da docente Carme Villaverde Raña
  • Participantes
Alumnado de ESO, de Bacharelato, de ESA e de FP de Grao Medio e de Grao Superior que curse estudos en Galicia e non teña cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2017. 
  • Requisitos
Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
Remitiranse cinco exemplares en papel en formato DIN A-4. 
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais da persoa participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda. 
  • Premio
Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable. 
  • Prazo
O prazo de presentación remata o 5 de maio de 2017 ás 14:00 horas. 
  • Xurado
O xurado estará integrado por profesorado de lingua e literatura. 
A decisión do xurado darase a coñecer o día 11 de maio de 2017 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente á persoa premiada. 
A entrega do premio terá lugar na Casa da Cultura de Ordes o día 22 de maio ás 19:00 horas. 
A obra gañadora será publicada na revista do centro. 




5ª Convocatoria Bolsas Eurolingua 2017. Curso de inglés en Irlanda. 


  •  Información 
Bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda, de dúas semanas de duración, durante o mes de agosto de 2017, nun programa de inmersión todo incluído. Establécese un lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios/as, de ESO, de bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada pola axencia na súa totalidade. 
  • Convoca 
Eurolingua Venairlanda S.L. 
  • Obxectivo 
Defender e potenciar a idea da aprendizaxe de inglés no estranxeiro como o mellor modo de aprender o idioma. 
  • Datos de interese 
Os cursos, financiados ao 100%, incluirán: 
· Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento. 
· Aloxamento en familia ou residencia universitaria. 
· Programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico. 
· Programa de actividades culturais visitas e excursións. 
· Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia. 
· Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión. 
En caso de forza maior a data poderase modificar, pero sempre se debe realizar o curso nos meses de verán. 
  • Datas
A data de saída será o 27 de xullo e a de regreso o 10 de agosto. 



Bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España 


  • Convocatoria 

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017.
  • Persoas beneficiarias
Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas: 
a) Nacer entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016/17 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
· Bacharelato 
· Ensinos profesionais de música e danza 
· Grao medio de Formación Profesional 
· Grao medio de artes plásticas e deseño 
· Grao medio de ensinos deportivos e 
· Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado 
b) Obter no curso 2016/17 a condición de bolseiro/a do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución 11 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2016/17, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 13 de agosto).
c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. 
d) Obter un número de orde na lista de persoas adxudicatarias que o/a sitúe dentro do total de bolsas a conceder. 
  • Prazo
Finalizará o día 20 de abril de 2017.
  • Contía da axuda
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso, con excepción de 100,00 euros para completar o prezo total do curso e dos gastos de desprazamento ao centro que lle sexa asignado, que serán por conta do participante
  • Criterio de adxudicación
A asignación das bolsas entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos efectuarase atendendo á cualificación obtida na materia de inglés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario