mércores, 8 de marzo de 2017

CENTENARIO DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL



Eduardo Pondal , coñecido vomo "o bardo de Bergantiños, naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e faleceu na Coruña o 8 de marzo de 1917.



Foi a figura homenaxeada no día das Letras Galegas no ano 1965.



Ponteceso
Eu nacín en agreste soedade, 
eu nacín cabo dun agreste outeiro, 
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade, 
camiña ó seu destino derradeiro. 
Eu non nacín en vila nin cidade, 
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro: 
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso. 

Uns naceno na máxica Granada, 
outros naceno en Málaga famosa, 
os outros en Sevilla nomeada, 
os outros en Valencia deleitosa; 
uns na garrida Cádiz, ben soada, 
en Barcelona os outros, populosa: 
eu nacín cabo de pinal espeso, 
eu nacín na pequena Ponte-Ceso. 

Amabre Ponte-Ceso, anque pequena, 
agreste certamente, mas garrida, 
cando deixar a mundanal faena 
teu bardo e for pasado desta vida, 
non t'esquezas de quen, con faz serena, 
dixo a toda ciudade fementida: 
"Eu nacín cabo de pinal espeso, 
eu nacín na pequena Ponte-Ceso". 
(1896)






É unha das grandes figuras poéticas do Rexurdimento xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. Co gallo deste centenario, a Xunta de Galicia declarou o ano 2017 como Ano Pondal e Ano do Rexurdimento. En colaboración coas fundacións que xestionan o legado literario e histórico dos tres autores es os concellos de Ponteceso, Padrón e Celanova, impulsarán un itinerario literario do Rexurdimento galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario