Esta actividade organizada polo equipo da biblioteca e o Departamento de Orientación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller está destinada ao alumnado de 4º de ESO e terá lugar o vindeiro 8 de marzo ás 12:00.
O seu obxectivo e promover a reflexión sobre a igualdade de xénero. Proxectarase o documental Aprendendo a cambiar o conto, experiencia audiovisual protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño (Galicia), ideada e dirixida por Marta Piñeiro a partir dunha iniciativa do Concello de Tomiño para o Día Internacional das Mulleres de 2014. Foi seleccionada no 2014 no 6º Festival Latinoamericano Imágenes Sociales e no V Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco (Arxentina).
Ningún comentario:
Publicar un comentario