O vindeiro xoves 16 de marzo estará con nós a poetisa, conferenciante, articulista e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.
Esta actividade, organizada polo equipo da biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galega e o ENDL, está dirixida ao alumnado de 1º de ESO e realizarase na biblioteca en dúas sesións: de 11:45 a 12:35 (1º A e 1º D) e de 12:35 a 13:25 (1º B e 1º C).
Consistirá nun breve achegamento ao xénero poético seguido dun recital comentado con proxección de videopoesía. A súa finalidade será “rachar os seus prexuízos sobre a poesía, desmontar estereotipos e achegalos a este xénero poético que ha ter moito máis que ver con eles do que pensan”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario