O vindeiro día 20 de decembro cumpriranse 110 anos da súa estrea na Habana, Cuba.
En 1888, o compositor
galego Pascual Veiga pediulle a Eduardo
Pondal a letra para unha melodía súa para participar nun certame no que se seleccionaría
a Marcha Regional Gallega. O poeta fíxolle
entrega de Os Pinos, creado a
partir de diferentes reelaboracións de Rumores
de los pinos (1877).
Primeira aparición impresa de Os Pinos, publicada nas bases do certame musical (22 de maio de 1890) |
Fragmento dunha versión manuscrita de Os pinos. |
Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana (Cuba) e oficializado na Lei de Símbolos de Galicia en 1984.
As catro primeiras estrofas do poema de Pondal conforman o texto escrito, cuxa versión definitiva foi realizada por Manuel Ferreiro Fernández co afán de "restaurar, co necesario rigor filolóxico, a integridade dun poema tan emblemático", así como recuperar un texto transcendental "concebido como unha chamada á necesaria rendención da nación de Breogán no decorrer histórico do movemento rexenerador da Galiza e dos galegos".
- A expresión cantada da Nación: historia do Himno Galego en Terra e Tempo.
- O Hino Galego (Texto, historia, partituras, etc.).
- The National Anthem of Galicia en The Anthem Philatelist.
Ningún comentario:
Publicar un comentario