mércores, 22 de marzo de 2017

"SETE POETAS SEN FRONTEIRAS"

Yolanda Castaño versiona ao galego obra de sete poetas de distintas nacionalidades e linguas como un dos resultados da súa participación en xuño de 2010 nun obradoiro de tradución poética celebrado en Dane (Eslovenia) (...) A tarefa fundamental consiste en poñer en comunicación poetas que se traducen entre si e que representen literaturas de moi diversa dimensión en canto ao seu coñecemento no sistema da literatura mundial e en canto ao número de falantes das linguas vehiculares.

Os poetas e linguas representadas foron neste encontro, ademais da propia Yolanda Castaño, as seguintes: Xi Chuan (chinés mandarín), Antoine Cassar (maltés), Veronika Dintinjana (esloveno), Stanislav Lvovski (ruso), Yasuhiro Yotsumoto (xaponés) e Mamta Sagar (canarés).

Advírtase o seguinte erro na maquetación do suplemento: os poemas da derradeira páxina, atribuídos a Mamta Sagar, corresponden en realidade a Yasuhiro Yotsumoto. (Vía: poesiagalega.org)

Ningún comentario:

Publicar un comentario