venres, 16 de novembro de 2012

De ratos e homes

Hoxe foi a presentación do libro De ratos e homes de John Steinbeck e da película do mesmo título de Gary Sinise para 3º e 4º da ESO. Serviunos de acompañamento musical a canción Stand by me de Ben E. King, xa sabedes, por iso da amizade...

Deixámosvos un vídeo do encontro.


10 comentarios:

  1. Bonita canción.Por fin vexo o vídeo!

    ResponderEliminar
  2. Isabel Castro López 4ºA19:20 do 17 de decembro de 2012

    Pareceume unha historia moi fermosa, reflícte moi ben as características sociais da época na que se ambienta aínda que o final, para o meu parecer é triste. Gustaríame que rematara dun xeito máis feliz e favorable para os persoalles desta obra de John Steinbeck.

    ResponderEliminar
  3. Gústoume porque é moi interesante e entretido. Representa moi ben a sociedade daquela época e a costumes. Fala de soños incumpridos, porque todos queremos que o noso soño se cumpra por moi díficil que parezca. Simboliza moi ben a amistade con George e Lennie que se axudan mutuamente. Tamén como xuntos se fan compaña, xa que trata o tema da soidade. A oposición das personaxes e o diferentes que son. En xeral foi un libro que me gustou xa que trata moi ben temas da sociedade.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito este libro xa que me pareceu interesante e reflexa a probeza dunha determinada época e a soidade.Fala de dous amigos chamados Lennie e George que queren montar unha granxa, un dos amigos e retrasado e o outro axudalle e cuida del. Estuveron en dous ranchos e do primeiro foronse porque George tiña problemas e no segundo escaparonse porque sen querer Lennie mata a unha muller e despois o resto dos homes o queren matar a él, antes de que os homes o maten George prefire matalo él e que teña un morte tranquila.

    ResponderEliminar
  5. O libro é unha crítica á sociedade da época, na que certos persoaxes están condenados ao illamento. Son persoas que se sinten soas e os soños son unha válvula de escape para evadir esa soidade. O final é dobremente triste: Lennie morre soñando coa casa e os coelliños, George é quen acaba coa súa vida, seguramente pola necesidade de sentirse máis libre e independente, pero non só mata a Lennie, senón que tamén mata o soño dunha vida mellor. En xeral, foi un libro que me gustou moito.

    ResponderEliminar
  6. O que máis me gustou do libro foi a amizade mutua dos dous protagonistas e o ben que reflicte o libro os problemas que pode ter unha persoa deficiente na sociedade da época,tamén me gustou a orixinalidade do autor no final do libro.

    ResponderEliminar
  7. Yasmina García 4º C01:05 do 22 de decembro de 2012

    A verdade é que me encantou o libro. John Steinbeck é un mestre da ambientación, retrata perfectamente os rasgos da sociedade californiana na primeira metade do século pasado. Neste caso os dous protogonistas teñen unha peculiaridade destacable, pois os homes na súa situación acostuman a ser duros, esforzados e solitarios; mentres que eles se acompañan, complementan e apoian mutuamente, mantendo unha forte amizade. A historia contén unha alusión clara á persecución do típico "Soño americano", posto que os homes aspiran a ter unha granxa propia, obxectivo que quezais actualmente non nos parece grande cousa, pero que para eles significaba moito. No referente ao final, polo que puiden comprobar a este autor non lle gusta que os seus personaxes rematen ledos e considero que ocorre xusto o que ten que ocorrer, algo que podería pasar na vida real. Con todo o remate tampouco é tan tráxico, de feito Lennie morre rapidamente e con esperanza grazas ao seu amigo George-

    ResponderEliminar
  8. Sorprendeume un pouco o final... realmente non esperaba que acabara así cando comecei a leelo. Como dí Yasmina, quizá estamos demasiado acostumados a un "viviron felices a comeron perdices", e o autor quixo romper esa monotonía. Un comentario moi acertado! Noraboa! Pero inda así gustoume moito. De feito, quedei moito máis a gusto có libro que coa película. A idea que formas na túa imaxinación e a que che presenta a película, no meu caso, chocan. Eu sempre fun das que prefiren idealizarse por un mesmo o ambiente cós seus rasgos característicos.
    Tras este bo comezo do clube de lectura, espero que o seguinte libro sexa moi interesante.

    ResponderEliminar
  9. Laura López Lorenzo 4ºA15:26 do 28 de xaneiro de 2013

    Gustoume moito o libro, máis ca película porque as descripción do libro fan que vaias creando unha imaxe dos persoaxes, das paisaxes... que despois se disipan ao ver a película.
    Encántanme as descripcións, que conseguen que te vaias creando unha imaxe dos lugares e das persoaxes moi nítida. Gústame moito a amizade destes característicos protagonistas, o soño común de ter unha granxa propia, o apoio mutuo que se ofrecen, como George coida de Lennie, podendo ter unha vida máis facil só. Chamoume moito a atención o final, pois durante case todo o libro falan dese soño da granxa propia cos coellos e todo iso, ademáis os protagonistas fan moitos esforzos por conseguilo e parece que finalmente o van conseguir, que están a pouco máis que un paso, pero non. Pareceume un gran xesto de valentía o de George de matar ao seu mellor amigo de sempre, todo para aforrarlle moito sufrimento, pois eu diría que o mundo lle quedaba grande.

    ResponderEliminar