martes, 21 de xaneiro de 2014

A Juan Gelman...

  Ás catro e media do pasado martes, na súa casa da colonia Condesa da Cidade de México, onde vivía dende 1988, faleceu o poeta arxentino Juan Gelman, un poeta que dicía que a eternidade tiña que ser aburridísima.... 
  O compromiso político, primeiro co movemento peronista e logo contra a dictadura (o seu fillo e a súa nora, embarazada, desapareceron durante o réxime militar), marcou a súa vida e a súa obra, aínda que non lle gustaba o termo "poesía comprometida".


Este poema gústame moito, porque é un canto á rebeldía de elexir ser un mesmo, 
de elexir non ser perfecto, aínda que se esté equivocado:

Si me dieran a elegir, yo elegiría
esta salud de saber que estamos muy enfermos,
esta dicha de andar tan infelices.

 Si me dieran a elegir, yo elegiría
esta inocencia de no ser un inocente,
esta pureza en que ando por impuro.

 Si me dieran a elegir, yo elegiría
este amor con que odio,
esta esperanza que come panes desesperados.

 Aquí pasa, señores,
que me juego la muerte.
  
Juan Gelman/El juego en que andamos

Ningún comentario:

Publicar un comentario