CLUB DE LECTURA
O pintor do
sombrero de malvas, MARCOS
CALVEIRO
Ao tempo que ledes
esta novela que foi Premio Lazarillo no 2009, podedes entrar nos seguintes
enlaces para ver a extensísima obra pictórica do pintor holandés Vincent Van
Gogh (1863-1890). Este xenial pintor, coñecido como un dos grandes do
postimpresionismo, é quen protagoniza a
historia, centrándose na súa última etapa, a que pasou en Auvers-sur-Oise, na
Provenza francesa, onde o choque coa
luz do sur o leva á conquista da cor.
Aínda que aparecen reproducións de
moitas das súas obras desta etapa intercaladas na novela, non hai nada como
velas coas cores coas que expresaba a súa forza.
Campo de trigo con
corvos
este libro gustoume moito polo tema que trata
ResponderEliminarEste libro pareceme moi interesante
ResponderEliminarO libro "O pintor do sombreiro de malvas" gustoume moito é un libro moi bonito, pareceume curioso que trouxera algunha palabra en francés, tamén aprendín varias cousas sobre Francia e a súa xeografía, por exemplo: donde esta Auvers e algun que outro río, e sobre todo o que apredín sobre Vicent Van Gohg.
ResponderEliminarO que mais me fascinou do libro foi o romance entre Adeline e o narrador, en cambio non me gustou nada a morte final.
Este libro gustoume porque relata moi ben a vida do pintor Vicent Van Gogt cando chega a Auvers, un pobo da Provenza en Francia, e a amizade que ten cun adolescente que vai pasar o verán á casa da súa tía . O libro fai que sexas quen de meterte na pel dos personaxes e pasar momentos de intriga que fai estar enganchado na lectura, aínda co final sexa triste. Penso que é unha boa lectura para este verán.
ResponderEliminarEste libro relata os últimos dous meses de vida do pintor Vicent Van Gogh , cando ven pintar a Auvers (Francia) buscando paisaxes e luz para os seus cadros. Alí entabla amizade con diferentes persoas do pobo , pero sobre todo cun mozo de París que está vivindo dende hai uns meses en casa da súa tía . Entre os dous hai unha intensa convivencia ata o fin da vida de Van Gogh.
ResponderEliminarRecomendo este libro por ser moi entretido e que a vez dache información sobre a vida dun pintor famoso.