martes, 21 de abril de 2015

I CONCURSO DE VIDEOPOEMAS



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba convocan o I Concurso de Videopoemas coas seguintes BASES
Poderá participar todo o alumnado do IES Basanta Silva cun máximo dun videopoema por persoa, que deberá ser orixinal e inédito.
Os traballos poden ser presentados de xeito individual ou por parellas.
Establécense 2 categorías:
Categoría A: 1º e 2º de ESO
Categoría B: 3º,4º de ESO e BAC
Os videopoemas serán en galego e partirán dun poema dalgún autor/a da literatura galega. A súa temática é libre.
Os videopoemas consistirán nunha fusión de vídeos ou imaxes e dun poema recitado, podendo integrarse opcionalmente música. A letra do poema deberá aparecer sobreimpresa nas imaxes.
No caso de usar música ou imaxes alleas, debe tratarse de materiais libres de dereitos de autor.
A súa duración máxima será de 3 minutos.
A entrega farase nun sobre pechado co título escrito na súa parte dianteira. Dentro deste sobre introducirase:
- o videopoema ( en formato dvd ou cd) no que só aparecerá o título.- outro sobre pechado, no que figurarán o mesmo título e os datos do alumno/a (nome e apelidos, curso e grupo)
Os participantes entregarán os seus traballos ao profesorado de Lingua Galega nas súas respectivas aulas.
O prazo de presentación rematará o día 22 de maio de 2015.
Establécense os seguintes premios:
Categoría A:1º premio: un libro electrónico.2º premio: lote de libros, cómics e películas.
Categoría B:1º premio: un libro electrónico.2º premio: lote de libros, cómics e películas

 O xurado estará constituído por profesorado dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura, Debuxo e Música. O fallo do xurado e a entrega de premios terán lugar o día 29 de maio ás 13,25 horas na Biblioteca do centro, onde se fará a proxección dos videopoemas gañadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario