Esta festividade (11 de
novembro) é moi seguida en toda Galicia (segundo o Dicionario dous Nomes
Galegos (1998: 370), 235 parroquias levan este nome) e está asociada ás antigas
tradicións de matanza porcina de outono.
No concello de Vilalba hai
catro parroquias nas que San Martiño é o seu patrón: Codesido, Distriz,Lanzós e
Noche.
Lenda do Castro de
San Martiño de Lanzós
“Din que apareceu un tesouro, aí ao Adro, no castro. Naide o
recorda, pasou fai moitos anos. Apareceu un baúl cheo de xoias e lanzas. Por
eso se chama Lanzós esta Parroquia. Deixárono os que vivían no castro cando se
foron, porque non podían con todo o que tiñan para levar. Deixárono con
intención de volver por el, pero non volveron máis e atopárono os que viñeron
vivir despois. O cofre seique estaba cheíño de xoias de ouro e lanzas. O caso é
que os que o atoparon puxéronlle Lanzós a esta parroquia que quere decir Terra
de Lanzas. Vai tu saber si son contos todo. Tamén din que aí enriba no Coto do
Ouro (Linde entre parroquias) hai un xugo de ouro enterrado, fai anos mandaban
as cabras pacer ao monte, por mirar de atopalo. Bo!, se te pos a crer nesas
cousas, esos son contos que se contan, pero non hai xugos, nin ouro, nin hai
nada.”
(Informante: veciña de Lanzós, 81 anos, O Cotelo)
(Fonte: Galicia Encantada)
Ningún comentario:
Publicar un comentario