A primeira Irmandade da Fala constituíuse en A Coruña o 18 de maio de 1916. Na reunión, convocada por Antón Vilar Ponte no local da Real Academia Galega, participaron vinte persoas, entre as que se atopaban: Uxío Carré Aldao, Xosé Iglesias Roura, Manuel Lugrís Freire, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde Lores e Ramón Vilar Ponte.
A Irmandade da Fala de Vilalba, fundada por Lois Peña Novo e Antonio García Hermida, tamén naceu no devandito ano.
A Irmandade da Fala de Vilalba, fundada por Lois Peña Novo e Antonio García Hermida, tamén naceu no devandito ano.
"As Irmandades foron un punto de inflexión moi importante na evolución
non só do galeguismo político, do nacionalismo, senón tamén na do conxunto do
país" (Justo Beramendi)
A exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, organizada pola Real Academia Galega, a Deputación
da Coruña e o Museo do Pobo Galego, fai un percorrido pola historia deste
movemento.
- As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931) (Uxío-Breogán Diéguez Cequiel)
- Discurso de Porteiro Garea ao fundarse a Irmandade da Fala en Santiago en 1916
- Folleto da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
- Centenario das Irmandades da Fala (Entrevista a Justo Beramendi)
- Vilalba, 1916 (Antón Baamonde)
- Almanaque das Irmandades
Ningún comentario:
Publicar un comentario