sábado, 21 de abril de 2018

O Ratiño Pérez na biblio do Basanta

A Biblioteca "Agustín Fernández Paz" acordou facer socio de honra ao Ratiño Pérez, pola súa contribución á historia da literatura, tanto escrita como de tradición oral. Por tal motivo, hoxe, este pasado mércores, na biblioteca, festexamos este merecido recoñecemento.

Foi un día moi especial, no que veu visitarnos o Ratiño acompañado da famila e dos amigos. Un dos ratos da nosa biblioteca foi o encargado de recibilo e darlle a benvida, para logo proceder ao acto de entrega do carnet da biblioteca e doutros agasallos. Aquí deixamos a reportaxe fotográfica dunha xornada marabillosa.














Ningún comentario:

Publicar un comentario