Esta exposición itinerante, impulsada pola Xunta de Galicia, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres está dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións.
domingo, 27 de novembro de 2016
venres, 25 de novembro de 2016
O CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Sumámonos á campaña En negro contra a violencia colocando os carteis entregados polo Concello de Vilalba:
E tamén se elaborou unha pancarta:
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro)
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
- A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
- A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
“A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sustentable. [...] Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías. […] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo”. (Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU)
- Mensaxe do Secretario Xeral da ONU
- Macroencuesta de violencia contra la mujer 2015. Avance de resultados
- Ficha estadística de víctimas mortales por Violencia de Género. Año 2016
xoves, 17 de novembro de 2016
CIENCIA NUN CORREDOR DO CENTRO
- El aparato de rayos X portátil de Mónico Sánchez cumple 100 años.
- Vídeo do funcionamento do aparello.
- El Laboratorio Eléctrico de Mónico Sánchez.
- Exposición Off/On (MUNCYT).
- Historias de cerebros fugados. De la Mancha al Madison.
- Röntgen descubre los misteriosos rayos X.
- Los “rayos incógnita” y la primera radiografía humana.
mércores, 16 de novembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA
Neste caderno atoparedes como realizar varios experimentos e a súa explicación científica.
Tentade facelos nas vosas casas!
luns, 14 de novembro de 2016
BOB DYLAN, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016
A academia sueca premia a facilidade coa que o xenio de Minnesota aúna “a tradición e expresión poética” coa “tradición musical americana”. Un recoñecemento que lle chega aos 75 anos e 54 despois do seu debut discográfico.
Non figuraba Bob Dylan nas quinielas deste ano para receber o Nobel de Literatura, quinielas onde si estaban nomes da talla de Philp Roth, o sirio Adonis ou Haruki Murakami. Falárase del no 2011, si, como un dos posíbeis candidatos a levar este prestixioso galardón. Mais daquela ficara en nada, e o Nobel de Literatura fora para o poeta sueco Tomas Tranströmer. Cinco anos despois, o Nobel, como rendendo homenaxe á canción dylaniana (Knockin' on Heaven's Door), chamou ás portas de Dylan. El, que non deixou de se considerar nunca un cantante de Minnesota, levou o Nóbel, o primeiro músico en ter tal honra. Están a cambiar os tempos?
A Academia sueca recoñécelle a mistura da “tradición e expresión poética” coa “tradición musical americana”, Unha combinación que non naceu con Dylan, aí está o Woody Guthrie do que tanto bebeu o propio Robert Zimmerman , mais que con el acadou niveis non imaxinados, sobrepasando límites e coutos. Sobrepasou hai tempo o título de gran cantor de America que lle puxeran nos 60 para pasar ser o gran cantor, a secas.
Bob Dylan debutou en 1962 con 'Bob Dylan', o disco folk co que se presentou en sociedade. Desde entón e até o de agora, case 40 discos publicados e non poucos deles figurando por mérito propio nos altares da música popular moderna. Desde os iniciáticos 'The Freewheelin' e 'The Times they are a changing', pasando polos revolucionarios 'Highway 61 Revisited' ou o duplo 'Blonde on Blonde'. 'Desire', 'Blood on the tracks'... a lista é inesgotábel.
Mito por excelencia do rock e os seus xéneros asociados nos últimos 50 anos, Dylan recebe agora un premio que recoñece tanto a súa xenialidade musical como o seu traballo como compositor, traspasando o papel de simple letrista para fusionar a súa persoal poesía cunha música inconfundíbel. (Vía: Sermos Galiza)
- The Official Bob Dylan Site
- Bob Dylan, premio Nobel de Literatura 2016 ( El País)
- Bob Dylan wins Nobel prize in literature (The Guardian)
- Dylan: el proprio é unha personaxe literaria (Xosé Mejuto)
- ¿Merece Bob Dylan el Nobel de Literatura? (El País)
- 14 cosas que no sabías de Bob Dylan, premio Nobel de Literatura 2016 (El Huffington Post)
- Seis letras de canciones de Bob Dylan que muestran la poesía por la que ganó el Nobel de Literatura 2016 (BBC Mundo)
- Are these the lyrics that won Bob Dylan a Nobel Prize? (The Guardian)
CIENCIA NOS RECREOS
O venres pasado foi o derradeiro día do obradoiro de experimentos guiado polas profesoras do Departamento de Física e Química. De agora en adiante seredes tan só vós, o alumnado, quen siga experimentando e ensinando aos demais.
sábado, 12 de novembro de 2016
CIENCIA NA BIBLIOTECA
Que experimentos podemos facer con estes materiais?
Gran parte do alumnado do centro, que acudiu á biblioteca nos recreos, xa o sabe. E ti?
CERNA: REVISTA GALEGA DE ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE
Editada por ADEGA
cunha periodicidade trimestral é a revista ecoloxista galega con maior difusión.
Pódese ler en liña ou descargar en PDF.
Velaquí o último número:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)