venres, 25 de novembro de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro)


Por que este Día Internacional?
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.




“A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sustentable. [...] Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías. […] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo”. (Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU)



Ningún comentario:

Publicar un comentario