domingo, 6 de novembro de 2016

DÍA MUNDIAL DA CIENCIA E DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o ano 2001, o día 10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.

O ano 2016 foi declarado Ano Internacional dos Legumes co obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre as súas vantaxes nutricionais como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.

En consonancia con isto, o VII Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) estivo dedicado á Bioloxía e dedicouse á Gregor Mendel, que traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza. Nesta edición homenaxeouse a Cruz Gallástegui Unamuno, fundador da Misión Biolóxica de Galicia, polo seu labor de investigación no campo da xenética vexetal.




Ningún comentario:

Publicar un comentario