xoves, 2 de xuño de 2016

CONCURSO COCA-COLA

O día 8 de abril desenvolveuse no IES Lucus Augusti de Lugo a 56 edición do concurso Coca-Cola de relato curto de xóvenes talentos. Dende as cinco ata as sete da tarde, seis rapaces e rapazas do IES Basanta Silva (Ariana Núñez Seoane e Carla Rouco Carballés, de ESO-2ºC; Pablo Guizán Rey e Uxía Trastoy Villares, de ESO-2ºD; Lucía Debasa Corral e Mariña Villarino Villarino, de ESO-2º E) puxeron a traballar a súa imaxinación para elaborar unha narración en torno a un tema que viña indicado nunha caixiña de música que lles foron entregando a cada un deles; o tema era “No podía dejar de repetir esa melodía”


Todos saíron encantados da experiencia compartida con 67 alumnos de 2º de ESO doutros centros da provincia.

Ao cabo dunhas semanas, recibimos a noticia de que Ariana Núñez fora unha das tres gañadoras na provincia de Lugo para participar na fase autonómica, e polo tanto estaba invitada a unha gala de entrega de premios aos seleccionados das sete ciudades galegas, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 27 de maio na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.


Aos seis participartes do Basanta Silva transmitímoslles o noso recoñecemento pola súa participación, e a Ariana desexámoslle toda a sorte para a seguinte fase deste prestixioso concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario