sábado, 20 de febreiro de 2016

POESÍAS MUSICADAS DE ROSALÍA DE CASTRO


Posto que moitos artistas puxeron música aos versos da poetisa, facemos unha pequena selección de estilos e ritmos variados.

Premede sobre o título do poema para lelo e sobre o nome do artista para escoitalo.

POEMA DE ROSALÍA
musicadO POR


VI EDICIÓN DO PLAN "NAVEGA CON RUMBO"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a sexta edición do plan Navega con Rumbo, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.

Premendo sobre a imaxe da páxina do plan accederes a todos os seus contidos:


venres, 19 de febreiro de 2016

"TERRA DE IRIA-TERRA DE ROSALÍA DE CASTRO"

"O escritor Anxo Angueira toma como punto de partida a Casa-Museo de Rosalía para nos iniciar no percorrido pola Terra de Iria."(AELG)

Comecemos o itinerario!



xoves, 18 de febreiro de 2016

MOBILIZA ROSALÍA NO NOSO CENTRO



No libro Cantares Gallegos Rosalía compón os seus poemas a partir de cantares populares, mais no caso do poema Alborada a autora segue o procedemento inverso, compón unha letra para unha música.
Xa que as alboradas son pezas que tocan os gaiteiros para espertar os veciños nos días de festa, Rosalía pasa a querer espertar a conciencia da "toleirona mocidá". É a mesma chamada a espertar do "sono" que despois de Rosalía fará Pondal no poema Os pinos.







ROSALÍA NA NOSA BIBLIOTECA

mércores, 17 de febreiro de 2016

"ROSALÍA NON ENTENDE DE DONOS; NACEU LIBRE E ESTÁ VIVA"

"Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente." (AELG)



luns, 15 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA 2016

O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179 anos). 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convida "á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo."

"Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.” (AELG)

Este ano a súa proposta para ESO e Bacharelato é realizar un "envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo."

O noso centro súmase a esta iniciativa e proximamente informarémosvos como a levaremos a cabo.

sábado, 13 de febreiro de 2016

LINGUA DE NAMORAR 2016

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. 

Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir desa data, abrirase un novo prazo para votardes polas vosas mensaxes favoritas. As seis gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.