sábado, 13 de febreiro de 2016

LINGUA DE NAMORAR 2016

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. 

Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir desa data, abrirase un novo prazo para votardes polas vosas mensaxes favoritas. As seis gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario