O día 21 de febreiro de 1952, dous estudantes foron asasinados pola policía e o exército do estado paquistaní mentres se manifestaban en Dhaka (Bangladés) para defender a lingua bengalí.
En novembro de 1999, ese día foi proclamado pola Conferencia Xeral da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura para potenciar a unidade na diversidade e a comprensión internacional a través do multilingüismo e o multiculturalismo.
Nun estudo publicado este ano pola UNESCO,
catro de cada dez persoas no mundo non teñen acceso á educación nun idioma que
entendan.
“O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é
un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base para empoderar ás
mulleres e aos homes e ás súas sociedades.” (Extracto da mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO. 2016)
Segundo o devandito organismo “estímase
que, se nada se fai, a metade dos 6.000 idiomas falados actualmente
desaparecerá a finais deste século. Coa desaparición das linguas non escritas e
non documentadas, a humanidade non só perdería unha gran riqueza cultural,
senón tamén coñecementos ancestrais contidos, en particular, nas linguas
indíxenas.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario