A fonte de inspiración do autor de Bajo la misma estrella foi Esther Grace Earl, unha rapaza de 16 anos que padecía cancro e estableceu unha gran amizade con el. Con respecto a isto, Green dixo que non debía confundirse a Hazel con Esther postos que ambas son completamente distintas, só que esta última foi quen lle axudou a desenvolver o personaxe.
Sinopse:
A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, gústenos ou non, só existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer ao seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxo, tan catártica como desgarradora.
O fragmento máis coñecido do libro The Fault in our Stars é:

A adaptación cinematográfica da novela The Fault in Our Star (título orixinal) foi dirixida por Josh Boone e estreada en Estados Unidos o 6 de xuño de 2014 e en España un mes máis tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario