“Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas”. (Agustín Fernández Paz)
luns, 1 de febreiro de 2016
BOLSA DO INSTITUTO DE VERÁN BENJAMIN FRANKLIN 2016
A Embaixada dos EUA en España ofrece unha bolsa para participar no
Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento
de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas
xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos. O programa académico que se
seguirá centrarase nun tema específico, como a resolución de conflitos, o
emprendemento social ou a protección do medio ambiente. A estadía terá lugar a
finais de xullo de 2016. Como requisitos para as persoas que queiran solicitar
esta bolsa están os seguintes:
Destinatarios: alumnado entre 16 e 18 anos. Requisito académico: nota media de notable no expediente académico. Requisito lingüístico: nota media de sobresaliente no coñecemento do
inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario