Os centros de ensino secundario,
bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial
(conservatorios, escolas oficiais de idiomas, centros de ensinanzas de persoas
adultas), de titularidade da consellería, que contan con grupos formalizados de
alumnado colaborador poden adherirse a esta iniciativa, co fin de que o
alumnado poida ver recoñecido o seu labor mediante un diploma (no caso dos
menores) ou un certificado de horas de voluntariado na biblioteca escolar (no
caso dos maiores de idade). Esta iniciativa pretende favorecer a formación de
actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego,
especialmente no ámbito cultural, que poderá materializarse en actividades de
colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura
compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro
ou fóra do centro. Estas
actividades deberán contribuír á educar ao alumnado para a solidariedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario