venres, 29 de abril de 2016

MANUEL MARÍA NAS RÚAS DE VILALBA

As rúas de Vilalba acollerán unha grande exposición en homenaxe a Manuel María

O Concello, en colaboración con todos os centros educativos e o tecido asociativo, programa un calendario de actos para maio e xuño


A capital chairega réndese a Manuel María. O Concello, en colaboración con todos os centros educativos, así como con gran parte do tecido asociativo e cultural da vila, programa un amplo calendario de actos para os meses de maio e xuño, que converterán Vilalba nunha grande exposición en homenaxe ao poeta da Terra Chá, ao que se lle adican este ano as Letras Galegas.
 
No corazón de Vilalba, a Praza da Constitución engalanarase con distintas pancartas elaboradas polos alumnos dos centros educativos do municipio, que ondearán durante os próximos dous meses para recordar a figura e a obra de Manuel María. Pero a praza situada no centro da vila non será o único punto do rueiro vilalbés que honrará ao poeta.

Nos vindeiros días, dende a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, repartiranse polos comercios e os locais de hostalería da localidade máis de 300 traballos escolares sobre Manuel María. Trátase duns carteis que se fixeron dende os centros educativos co obxectivo de que os alumnos -dende os máis pequenos aos máis maiores- mostraran «a súa idea do poeta», que estará presente en cada recuncho da vila, tal e como adiantou o edil de cultura, José Antonio Pita, na presentación do calendario de actividades para conmemorar unhas Letras Galegas que teñen a Terra Chá no centro de todas as miradas.

As exposicións ampliaranse a partir do día 20, coa instalación de paneis con códigos QR nos locais institucionais de Vilalba, que lles darán acceso a veciños e visitantes a coñecer os traballos escolares que se están realizando en tódalas aulas, onde tamén recibirán un agasallo, xa que os usuarios do centro ocupacional Vilalba Terra Chá deseñaron unha edición especial de 3.000 marcapáxinas conmemorativos que se entregarán a todos os alumnos. (Vía: El Progreso)

ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA MESTRA







Se a lectura de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha parecía un pouco complicada, xa non hai escusa: acábase de presentar unha 'tradución’ ao castelán actual de obra cume do castelán antigo.

 

xoves, 28 de abril de 2016

mércores, 27 de abril de 2016

A OBRA DE CERVANTES E A LITERATURA MODERNA

Que fai da literatura de Cervantes, e especialmente de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, un referente indispensable na literatura moderna? 
O catedrático de Literatura Jordi García explícao desta maneira: 






A obra cervantina xa foi debidamente apreciada e valorada polos seus contemporáneos, mesmo polo propio Shakespeare:





As traducións do Quixote son innumerables; aquí vai a ligazón a unha páxina do Instituto Cervantes que permite acceder á tradución do primeiro capítulo da obra en cincuenta idiomas.



martes, 26 de abril de 2016

"EL QUIJOTE INTERACTIVO"

A Biblioteca Nacional dixitalizou a primeira edición da obra de Cervantes que conserva nos seus fondos. Esta versión contén gravados, música e mapas das andanzas do fidalgo e o seu escudeiro. Permítenos acceder a outras edicións da obra, coñecer a vida do século XVI, realizar procuras, compartir fragmentos, etc.

 http://quijote.bne.es/libro.html?pagina=1-000

domingo, 24 de abril de 2016

RECURSOS E INICIATIVAS A PROL DAS CIENCIAS

Os pasados 14 e 15 de abril tiveron lugar en Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega, os XVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados por esta institución baixo o lema "Nas bocas do futuro: mocidade e lingua".

Convidouse á Asesoría de Bibliotecas Escolares a participar na exposición de recursos para a ciencia en galego e contribuímos con un "póster" no que se recollen recursos e iniciativas desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e O.U. deseñadas para impulsar a presenza das ciencias nas bibliotecas escolares e a integración das ciencias e das humanidades nas actividades e propostas destas bibliotecas. Por descontado que estas iniciativas son tamén a favor do uso do galego nas ciencias.
(Vía: Bibliotecas Escolares de Galicia)


LEDICIA COSTAS, PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2016

A escritora viguesa Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada o día 23 de abril pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.


Este é o segundo ano que se concede este premio, creado para recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos participantes nos clubs de lectura. Na primeira edición, a de 2015, o galardón foi para o escritor chairego Agustín Fernández Paz.


A entrega do premio farase no transcurso da IX Xornada dos clubs de lectura que se celebrará en Santiago de Compostela o 10 de xuño, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura existentes este curso.
(Vía: CCEOU)

AS PARTES DUN LIBRO









sábado, 23 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR (23 de abril)


A Conferencia Xeral da UNESCO (París, 1995) decidiu declarar esta data como Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor "para render unha homenaxe universal aos libros e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e arespectar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural da humanidade."

Desde 1996 un comité de selección composto por representantes das tres principais asociacións profesionais internacionais do mundo do libro e da UNESCO designa unha cidade como Capital Mundial do Libro. A primeira cidade elixida foi Madrid (2001) e este ano é a cidade polaca de Wroclaw polo seu compromiso coa difusión da mensaxe "o poder dos libros para fomentar a creatividade e promover o diálogo entre as mulleres e os homes de todas as culturas", en todo o mundo.

Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento. (Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO).