sábado, 23 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR (23 de abril)


A Conferencia Xeral da UNESCO (París, 1995) decidiu declarar esta data como Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor "para render unha homenaxe universal aos libros e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e arespectar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural da humanidade."

Desde 1996 un comité de selección composto por representantes das tres principais asociacións profesionais internacionais do mundo do libro e da UNESCO designa unha cidade como Capital Mundial do Libro. A primeira cidade elixida foi Madrid (2001) e este ano é a cidade polaca de Wroclaw polo seu compromiso coa difusión da mensaxe "o poder dos libros para fomentar a creatividade e promover o diálogo entre as mulleres e os homes de todas as culturas", en todo o mundo.

Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento. (Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO).



Ningún comentario:

Publicar un comentario