domingo, 17 de maio de 2015

MAIO CULTURAL: LUNS 18 - VENRES 22

LUNS 18 DE MAIO    

11,45 horas
4º ESO e 1º de Bacharelato.
Salón de actos

NOVA POESÍA VILALBESA

Recital dos poetas Miguel Barrera, Mª Xosé Lamas, Martiño Maseda, Pilar Maseda e Rafa Yáñez, que nos falarán da grande traxectoria poética vilalbesa así como das tendencias da súa poesía.

16,15 horas
4º ESO – 1º e 2º Bacharelato

CHARLA-COLOQUIO
“A CRISE EXPLICADA Á XENTE NOVA
Antón Baamonde

Nacido en Vilalba, en 1959, estudou o bacharelato no IES Basanta Silva  e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela.
Colaborador habitual na prensa galega, publicou numerosos ensaios e artigos en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) e en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Antón Baamonde está considerado como  a pluma máis orixinal e valiosa do ensaísmo galego actual. Entre os seus libros destacan En favor da esperanza, Sobre o tempo e outros desatinos, Aire para respirar, A rosa sen por qué ou A derrota de Galicia.Na charla tentará dar unha explicación da actual crise económica e as súas consecuencias, manifestadas, entre outros, nos recortes, no aumento da pobreza, na precariedade no emprego, etc


MÉRCORES 20 DE MAIO

11,45 horas
2º e 3º ESO

TEATRO

PROFESOR SALSIÑA, CULTURA PARA TODOS...E OUTRAS
Microefectos Dramatúrxicos

Microefectos Dramatúrxicos é un colectivo cultural vencellado ás arte escénicas que naceu en Lugo no ano 2013. Os integrantes do grupo teñen ligazóns con diferentes formacións teatrais, colectivos artísticos e asociacións culturais no ámbito galego. A súa experiencia e formación no campo das artes escénicas é igualmente diversa e vai dende o teatro ao cine, pasando polo monólogo ou a danza, entre outros.

O proxecto cultural que desenvolve parte da creación e representación de breves pezas dramáticas orixinais. Os microefectos son obras curtas, de duración inferior aos 15 minutos, que varían considerablemente no número de personaxes implicados e no espazo escénico.


 XOVES 21 DE MAIO


11,45 horas

4º ESO, 1º
Salón de actos


MÚSICA

DE ROSALÍA A CRAVEIRINHA. A MARABILLOSA VIAXE DE LÍNGUA GALEGA
Fran Pérez “NARF”

Aproveitando o lanzamento do seu último disco “Nas Tardes escuras”, no que NARF explora a poesía de Rosalía de Castro desde a linguaxe innovadora e contundente do Rock contemporáneo - con sorprendentes resultados e magníficas críticas - o artista proponnos unha viaxe musical que ilustrará diferentes aspectos da potencia e modernidade da nosa lingua no mundo de hoxe, como vínculo de intercambio, expresión artística e de comunicación coas distantes culturas que comparten connosco o tesouro dunha lingua de raíz común.

Poemas cantados que van dende as voces atlánticas da nosa Rosalía ou de Xelís de Toro, ata a do portugués Luis de Camões ou os mozambicanos Sonia Sountuane, Paulo Macamo ou José Craveirinha. Presenta tamén temas propios, en colaboración con artistas como o guineano Manecas Costa.
 de Bacharelato.


CINE: O Bosque Animado
José Luis Cuerda

20 horas
Salón de actos 
                                             

VENRES 22 DE MAIO

A CENSURA NO HUMOR GRÁFICO

Kiko Da Silva (Vigo, 1979)

Licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura, traballou para o xornal La Voz de Galicia como humorista gráfico. En 2001 fundou xunto ao libreiro Cano Paz a revista BD Banda. En 2004 entrou a formar parte dos colaboradores de El Jueves.
En outubro de 2007 lanza a revista satírica en galego Retranca. En marzo de 2012 crea a primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia: O Garaxe Hermético. En abril de de 2015 publica na editorial Dibbuks, El Infierno del dibujante, premio Castelao de Banda Deseñada 2014.  



Ningún comentario:

Publicar un comentario