sábado, 23 de maio de 2015

MAIO CULTURAL: Luns 25 - Venres 29








Luns 25 de maio


9,35 – 15,55

ESO 



ACTIVIDADES EN SANTABAIA


Durante este día, o alumnado de 1º da ESO gozará dunha xornada de actividades na parroquia de Santabaia, tendo como anfitrións aos integrantes da Asociación “Amigos da Liga Santabaiesa”. O programa das actividades a desenvolver inclúe unha ruta de sendeirismo polos lugares máis senlleiros da parroquia: Pena Grande, Pedra Chantada, unha visita á escola antiga, á casa do mestre e á recreación do poboado castrexo (pallozas e medoña) e xardín botánico. Terán xogos populares e unha charla-coloquio con Eduardo Ramil sobre “Os primeiros poboadores da Terra Chá”.

 Eduardo Ramil
 (Director do Museo de Prehistoria e Arqueloxía de Vilalba).


Martes 26 de maio


12,35 – 14,15

1º ESO - 2º de ESO

Salón de actos

OBRADOIRO DE RAP

Diego Calatayud

O licenciado en Filoloxía e rapeiro Diego Calatayud presentará diversas actividades en torno ao rap. Leva 10 anos practicando esta modalidade musical, formando parte de grupos como Mito Escrito ou 504; participou en máis de cen concertos, algúns deles internacionais. Ten acadado un fórmula moi atractiva  para potenciar as competencias básicas do estudantado.  


Mércores 27 - Xoves 28 de maio






9,30 a 14,15

2º e 3º ESO




OS PROCESOS DO LIÑO


O taller do liño" que ofrece a A.M. San Bartolomeu de Insua ten como obxectivo amosar como era o proceso tradicional da transformación do cultivo do liño.


Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Ínsua
"


 Un grupo de mulleres, cos apeiros necesarios, aporta as explicacións paso a paso e de forma sinxela para que os rapaces comprendan como se obtén o fío desta planta e cales son os procesos ata chegar ao tear.




Ningún comentario:

Publicar un comentario