9,35 – 11,15
1º e 2º ESO
A VER, A VER...CINE
Carmen Pg. Granxeiro
Percorrido guiado
por unha serie de visionados que fan especial fincapé no cinema de clásicos
coma Chaplin ou Tati, pasando por Buster Keaton ou Tex Avery, ata fragmentos de
técnicas novidosas que mesturan o stop
motion coa animación clásica.
11,45 – 13,45
3º ESO
Carmen Pg. Granxeiro
Introdución aos
aspectos básicos da técnica e da estética da fotografía a través da súa
historia, prestando especial atención ás historias creativas e sociais que se
agochan tras as imaxes. Valoración cualitativa das fotografías e repaso dos
nomes máis significantes da imaxe estática dende os seus inicios ata o emprego
de técnicas actuais coma a fotografía HDR. Recreación en artistas concretos aos
que nos achegar a partir de documentais alleos ou obras de videoarte como as de
Cindy Sherman.
Venres 15 de maio
8,45 – 10,25
4º ESO e 1º BACHARELATO
HISTORIA DO CINE E A SÚA RELACIÓN COAS BELAS ARTES
Carmen Pg. Granxeiro
Percorrido pola
historia do cine, dende os primeiros pasos dos Lumière ata os últimos efectos
dixitais, cunha relación constante entre a arte audiovisual e as belas artes
clásicas. Visionado de fragmentos de máis de 50 obras e paradas visuais e
sonoras en diversos exemplos das artes que inflúen reciprocamente nesta ben
chamada sétima arte. Actividades
interactivas e xogos que salpican o percorrido, poñendo a proba coñecementos
adquiridos e capacidades dedutivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario