luns, 7 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

“O Día Internacional da Muller, antes Día Internacional da Muller Traballadora, ten as súas orixes no movemento internacional de mulleres de finais do século XIX. Tiña como finalidade exclusiva promover a loita polo dereito ao voto da muller, sen ningún tipo de restrición baseada no nivel de riqueza, propiedades ou educación. (…) O que se faga referencia aos feitos acontecidos na fábrica téxtil de Nova York chamada Cotton onde morreron as 129 traballadoras abrasadas polo incendio provocado polo dono, como resposta ás súas demandas; ou á manifestación espontánea organizada polas traballadoras do sector téxtil da cidade de Nova York, que foi brutalmente dispersada pola policía , na que se protestaba polos baixos salarios, a xornada laboral de doce horas, e as crecentes cargas laborais, pon de manifesto que o espírito desta celebración, é o recordatorio da loita das mulleres pola igualdade, pola participación política-social e polas melloras das condicións de traballo.” (Antonio Poleo)


En 1995 tivo lugar en Pequín a Cuarta Conferencia Mundial sobre la Mujer. Os miles de asistentes que acudiron a ela tiñan como obxectivo a igualdade de xénero e o empoderamiento de todas as mulleres en todas partes. Elaboraron a Declaración y Plataforma de Acción de Beijing, un plan para promover os dereitos da muller. 




Hoxe en día a convocatoria segue reunindo a moitas persoas preocupadas por acadar ese obxectivo.
O seu lema para este ano é "Por un Planeta 50-50 en 2030. Demos o paso para a igualdade de xénero".



      Ningún comentario:

      Publicar un comentario