domingo, 13 de marzo de 2016

PELÍCULAS PARA O DÍA DA MULLER

No cinema hai cada vez máis películas que reflicten os conflitos e inquietudes da muller nun planeta maioritariamente machista. 

Todas as que vos propoñemos están dirixidas e protagonizadas por mulleres e ofrecen unha visión crítica do papel que desenvolven na sociedade.



A las cinco de la tarde (Samira Makhmalbaf)

Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse as escolas para as mulleres. Unha delas pretende dedicarse á política e mesmo chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka, as tradicións e o réxime machista seguen profundamente ancorados na vida social do país.



Yentl (Barbra Streisand)
Nun pobo da Europa Oriental de principios do século XX, a moza xudía Yentl Mendel, filla dun rabino viúvo que ensina o Talmud aos mozos locais, faise pasar por home para estudar nunha escola reservada para homes. Pero os problemas aparecerán cando se enamora doutro estudante, Avigdor, que non sabe que é unha muller.


Persépolis (Marjane Satrapi)
Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando ás mulleres a levar veo e encarcerando a miles de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, onde coñece outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. A protagonista adáptase ben á súa nova vida, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique poñerse o veo e someterse a unha sociedade tiránica.


La vida en rosa (Olivier Dahan)

Dos barrios baixos de París ao éxito de Nova York, a vida de Edith Piaf foi unha loita por sobrevivir e amar. Creceu no medio da pobreza, pero a súa voz máxica e os seus apaixonados romances e amizades coas grandes personalidades da época (Yves Montand, Jean Cocteau, Charles Aznavour, Marlene Dietrich, Marcel Cerdan) fixeron dela unha estrela mundial.



La boda de Tuya (Wang Quan'an)
Na Mongolia máis rural e profunda, Túa é unha muller xoven que loita por cambiar o seu destino, tentando sacar adiante ao seu marido, tullido, os seus dous fillos e o seu rabaño de ovellas. A presión que exerce o Goberno para que os pastores mongoles abandonen a súa tradicional vida nómade é cada vez maior. Túa é guapa, forte e testaruda. Rehúsa abandonar os seus pastos pero o esforzo prolongado pásalle factura e cae enferma. A única solución é divorciarse de Bater, o seu marido, e volver casar para poder seguir adiante. Non son poucos os pretendentes, pero ningún quere aceptar a condición que Túa impón. Non busca a alguén rico, aposto ou intelixente, só pide que coide dos seus fillos e, sobre todo, do seu marido Bater...


Ningún comentario:

Publicar un comentario