Incluído nos actos programados para a conmemoración do Centenario do nacemento de Camilo José Cela, rendirá homenaxe ao libro de memorias infantís do escritor A rosa.
Todos os microrrelatos deberán presentarse a través da plataforma web do concurso e comezar co arranque do libro de memorias infantís A rosa, na que o escritor narra as súas primeiras vivencias polas terras de Iria, Vilagarcía, A Coruña, Cangas,Tui e Vigo:
Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo…
Categorías:
- Infantil (ata os 12 anos)
- Xuvenil (de 13 a 17 anos)
- Adulto (18 anos en adiante).
Os traballos premiados serán publicados en edición dixital pola Fundación e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunnha tableta dixital e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés por valor de 300 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario