sábado, 13 de febreiro de 2016

LINGUA DE NAMORAR 2016

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. 

Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir desa data, abrirase un novo prazo para votardes polas vosas mensaxes favoritas. As seis gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.

mércores, 10 de febreiro de 2016

SERIE "PESADILLAS"

Xa podedes ler nos nosos lectores electrónicos tres títulos da serie de R.L. Stine.

¡Invisibles!
O día do seu aniversario, Max atopa no ático da súa casa unha especie de espello máxico que pode convertelo en invisible. A partir dese momento Max e os seus amigos empezan a practicar o xogo do agocho. Pero Max dáse conta de que está perdendo o control. Canto máis tempo permanece invisible, máis difícil resúltalle volver atrás. Facerse invisible chega a ser un xogo perigoso. A próxima vez que Max se faga invisible poderá regresar ou quedará así para sempre?


La sonrisa de la muerte 
Greg cre que a cámara fotográfica que os seus amigos e el atoparon nunha casa abandonada das aforas de Pitts Landing ten algo estraño. As fotografías saen moi raras. O colmo foi aquela na que o coche do seu pai aparecía esnaquizado antes de que sufrise o accidente. Os seus amigos non cren esta historia, e Shari obrígalle a que a traia o día dos seu aniversario para sacar algunhas fotografías. Pero Shari non sae nas fotos. Será que desapareceu de alí para sempre? Quen será a próxima vítima… da malvada cámara?


Noche en la Torre del Terror 
Sue e o seu irmán Eddie están en Londres de visita turística, cando lles xorde un pequeno problema: perderon aos seus compañeiros de viaxe. De momento aínda non hai razón para asustarse. O guía do grupo non puido marchar tan tranquilo, deixándoos abandonados. Pero eles vense completamente sós, nesa lúgubre e vella torre que é unha prisión. Quedarían encerrados, despois do anoitecer, onde reinan eses inquietantes ruídos e ... onde se move esa estraña e misteriosa figura que os quere ver ... mortos?





mércores, 3 de febreiro de 2016

RECITAL POLA PAZ

Moitas grazas a todos os que colaborastes nesta actividade.

  
  
  
  
  
  
  
  

RECITAL POLA PAZ

Esta vez incorporamos música en vivo e dúas linguas máis ás actividades da biblioteca: árabe e chinés. 


OUTRA INCORPORACIÓN AO CATÁLOGO DIXITAL

A fonte de inspiración do autor de Bajo la misma estrella foi Esther Grace Earl, unha rapaza de 16 anos que padecía cancro e estableceu unha gran amizade con el. Con respecto a isto, Green dixo que non debía confundirse a Hazel con Esther postos que ambas son completamente distintas, só que esta última foi quen lle axudou a desenvolver o personaxe.


Sinopse:
A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, gústenos ou non, só existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer ao seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxo, tan catártica como desgarradora.


O fragmento máis coñecido do libro The Fault in our Stars é:

“Okay,” he said. “I gotta go to sleep. It’s almost one.” “Okay,” I said. “Okay,” he said. I giggled and said, “Okay.” And then the line was quiet but not dead. I almost felt like he was there in my room with me, but in a way it was better, like I was not in my room and he was not in his, but instead we were together in some invisible and tenuous third space that could only be visited on the phone. “Okay,” he said after forever. “Maybe okay will be our always.” “Okay,” I said. It was Augustus who finally hung up.”




A adaptación cinematográfica da novela The Fault in Our Star (título orixinal) foi dirixida por Josh Boone e estreada en Estados Unidos o 6 de xuño de 2014 e en España un mes máis tarde.





luns, 1 de febreiro de 2016

ACTIVIDADES DA ONG SAVE THE CHILDREN





A organización non gobernamental Save the Children organiza dúas actividades para desenvolver nos centros en ensino:


Kilómetros de Solidaridad
A actividade require a inscrición do centro para formalizar a participación e xestionar o traballo dos materiais que ofrece a ONG.
Destinatarios: alumnado de 3 a 18 anos
Data de celebración propostas: 30 de xaneiro (Día da Paz e da non Violencia) e 20 de novembro (Día dos Dereitos do Neno)
Solicitudes e información da actividade
A actividade require a inscrición do centro para formalizar a participación e xestionar o traballo dos materiais que ofrece a ONG.
Destinatarios: alumnado de 3 a 18 anos; con versión para preescolar
Data de celebración: Día do Libro
Solicitudes: http://centros-educativos/marcapaginas-por-la-solidaridad/formulario-inscripcion
Ligazón á información da actividade: https://www.savethechildren.es/centros-educativos/marcapaginas-por-la-solidaridad/como-funciona




BOLSA DO INSTITUTO DE VERÁN BENJAMIN FRANKLIN 2016

A Embaixada dos EUA en España ofrece unha bolsa para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos. O programa académico que se seguirá centrarase nun tema específico, como a resolución de conflitos, o emprendemento social ou a protección do medio ambiente. A estadía terá lugar a finais de xullo de 2016. Como requisitos para as persoas que queiran solicitar esta bolsa están os seguintes:
    Destinatarios: alumnado entre 16 e 18 anos.
    Requisito académico: nota media de notable no expediente académico.
    Requisito lingüístico: nota media de sobresaliente no coñecemento do inglés.




VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR 2015/16


Estamos incluídos na relación de centros adheridos a esta iniciativa, que ven de publicarse. 

Os centros de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, centros de ensinanzas de persoas adultas), de titularidade da consellería, que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador poden adherirse a esta iniciativa, co fin de que o alumnado poida ver recoñecido o seu labor mediante un diploma (no caso dos menores) ou un certificado de horas de voluntariado na biblioteca escolar (no caso dos maiores de idade). Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro. Estas actividades deberán contribuír á educar ao alumnado para a solidariedade.

OLIMPÍADA INTERNACIONAL DE FÍSICA 2016



As universidades do Sistema Universitario de Galicia participan na Olimpíada Española de Física, que terá a súa fase nacional en Sevilla do 22 ao 25 de abril. Para concorrer neste evento, cada unha das tres universidade designará tres estudantes que participarán na fase estatal.


   Destinatarios: estudantes de 1º e 2º de bacharelato e de 2º e 3º grao de ciclos formativos 
   Prazo de presentación de solicitudes: 22 de febreiro de 2016 
   Data da proba: 26 de febreiro de 2016 
   Hora: 16.00 
   Lugares
      Santiago de Compostela: USC, Facultade de Física 
      A Coruña: UDC, Facultade de Ciencias
      Vigo: UVigo, Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar)
      Ourense: UVigo, Facultade de Ciencias