Nela argumentase que “cando pensamos nunha imaxe icónica de Galicia aparécesenos unha persoa que brilla con luz propia, unha figura fundamental da literatura europea, a escritora máis representativa da lingua galega, unha muller que naceu en Compostela: Rosalía de Castro, de quen este ano conmemoramos o que sería o 180 aniversario do seu nacemento”.
Pídese ao Ministerio de Fomento e a Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA) que “aproben e dean efecto ao cambio de denominación” e demandan ás “institucións e entidades culturais, empresariais, sociais,etc. da nosa cidade e do resto do País o apoio” á declaración.
O Concello de Santiago contou con diferentes apoios (Fundación Rosalía de Castro, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Parlamento de Galicia, etc.) e o Ministerio de Fomento deu o visto e prace á iniciativa o 1 de febreiro.
- A Corporación municipal solicita que o aeroporto de Lavacolla leve o nome de Rosalía de Castro na web do Concello de Santiago.
- Apoios á inciativa:
- Rosalía de Castro na Lavacolla de Xosé Luís Santos Cabanas, en Praza Pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario