domingo, 5 de febreiro de 2017

"DE DUCIA EN DUCIA POLA LINGUA"


O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia presenta o novo produto documental De ducia en ducia pola lingua, unha visita polos seus fondos a través de Pinterest.




Conscientes de que só se conserva aquilo que se comparte, unha ducia de taboleiros temáticos ilustran desde hoxe o patrimonio documental galego xerado no proceso de normalización da nosa lingua.
Gardar, protexer e difundir. Estes son os compromisos do CDSG que agora canaliza a través desta ferramenta en liña. Aínda que todo o fondo pode consultarse na nosa sede, con este espazo que abrimos, procuramos o aproveitamento de recursos tecnolóxicos ao alcance do público xeral para achegarlle unha mostra destes 20 anos de cooperación coas institucións, entidades sociais e persoas que promoven o uso e difusión do galego.
Trátase dunha selección de imaxes que amosan a singularidade, a riqueza e a importancia do patrimonio documental que o CDSG custodia. Estes doce taboleiros permiten fixar a mirada nos ámbitos de maior intensidade ou demanda de intervención; así mesmo, dentro de cada taboleiro ofrecemos doce documentos que simbolizan a diversidade de mensaxes, accións e estratexias desenvolvidas desde os anos 60 do século pasado na defensa e promoción do noso idioma. (Vía: Consello da Cultura Galega)

Ningún comentario:

Publicar un comentario