Esta publicación dixital sobre a Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia, coordinada pola escritora Ledicia Costas e polo poeta e deseñador Daniel Landesa. O número cero presentouse o día 6 de decembro de 2014 dentro das actividades do Culturgal.
Landesa afirmou nunha entrevista concedida a Marcos Pérez Pena en Praza: “Criaturas responde a un baleiro que nós notabamos. (…) Non atopabamos ningunha publicación que se dedicase en exclusiva ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Escollemos o formato web para Criaturas e polo de agora esa vai ser a canle na que debemos crecer (...) Non é unha revista infantil. Contámolo porque xa houbo quen nos preguntou. Mais tampouco é unha revista académica. Trátase dunha publicación de divulgación. Cremos que pode ser unha ferramenta de moita utilidade para persoas que traballan con actividades de promoción da lectura, profesorado, persoal de bibliotecas, nais e pais interesadas en achegarlles novas lecturas ás pequenas e aos pequenos".
Números da revista publicados ata agora, aos que podedes acceder dende as súas portadas:
- Páxina web de Criaturas
- Criaturas quere reunir, dar un lugar á experiencia que hai neste país arredor da literatura infantil e xuvenil en Praza Pública
- Blog de Ledicia Costas
- Culturgal 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario