Onte acudimos a este centro para realizar esta actividade organizada pola biblioteca en colaboración co profesorado de Oratoria de 2º de ESO e dirixida ao alumnado de Infantil.
Dramatizáronse dous contos:
- La vaca que puso un huevo:
- A min non me comas!
O alumnado de Infantil pasouno moi ben; fixeron moitas preguntas sobre os contos, comentáronnos que eran curtos e pedíronnos que volvesemos.
Ao final, despois do refrixeiro que nos ofreceron, o alumnado dun dos cursos pedíulle perdón ao monstro polas cousas "feas" que lle dixeran.
Para o alumnado de ESO a experiencia foi moi boa. Sen que llo pedise ninguén realizaron a autoavaliación: manifestaron o seu descontento polos erros cometidos e os aspectos que terían que mellorar.
Sentímonos orgullosas da súa actuación, da interacción co público e da camaradeiría e estamos seguras de que a próxima actuación, que terá lugar o día 29 deste mes no CEIP M. Mato Vizoso, será moito millor.
Graciñas mil ao centro que tan ben nos acolleu!
Ningún comentario:
Publicar un comentario