
En Galicia, os días anteriores ao final de cada ano os rapaces dos pobos van polas casas apañando leña para amorear nunha praza. O 31 de decembro, ás doce da noite, todos os veciños xúntanse alí, prendenlle lume á rima, bailan todos arredor, e así que se apaga , rezan as tres Avemarías do Ánxelus para rematar ben o ano vello e comezar o ano novo. Esta queima ten a mesma significación que á do Entroido.
“A noite
do derradeiro día do ano está cargada de misterio xa que se xuntan a despedida
do Ano Vello e a benvida do Novo Ano. É un tempo de transición na que se
desatan as forzas ocultas e por iso se lle vencellan ritos e poderes máxicos.
En moitas partes de Galiza queimaban o Ano Vello, como en Becerreá (Lugo),
simbolizado nun boneco de palla vestido con roupa usada que se queimaba cara a
medianoite. Un xeito de botar fóra do seu mundo todo o vello.” (Xabier Moure
Salgado)
Nalgúns países
hispanoamericanos elabóranse bonecos con trapos vellos que se reenchen con
foguetes e en Europa lánzanse foguetes coa mesma finalidade.
- Noitevella. (Galipedia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario