No al Acoso Escolar Stop Bullying é unha asociación cuxa misión é axudar ás persoas que sofren ou sufriron acoso escolar. Está formada por un grupo de 15 voluntarios (psicólogos, profesores, educadores, avogados, etc.) que responden ás consultas na rede. Non al Acoso traballou nun proxecto chamado ARBAX (Against Racial Bullying and Xenophobia) que foi financiado pola Unión Europea.
O videoxogo ARBAX inclúe un xogo de rol elaborado en 3D, interactivo e lúdico, ideado para combater o acoso escolar en colexios con alumnado de entre 12 e 16 anos. Baséase en situacións reais nas que os usuarios teñen que atopar solucións e decidir como actuar en varias situacións relacionadas co bullying e a xenofobia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario