
“Os dirixentes de todo o mundo asumiron, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados en setembro, o compromiso unánime de poñer fin á epidemia da SIDA para 2030. Ese compromiso é reflexo do poder da solidariedade, que logrou forxar ao redor dunha enfermidade tan destrutiva un dos movementos máis inclusivos da historia moderna.” (Ban Ki-Moon, Secretario Xeral da ONU).
Na actualidade 15 millóns de persoas teñen acceso a tratamento contra o VIH. As novas infeccións reducíronse un 35% desde o ano 2000 e as mortes por causas relacionadas coa SIDA baixaron un 42% desde que alcanzasen o punto máis alto en 2004.
Segundo ONUSIDA, a estratexia de Resposta Rápida para poñer fin á SIDA inclúe:
- Investimentos anticipados.
- Centrarse nos lugares, poboacións e programas que teñen maior impacto.
- Catalizar a innovación para a xente que máis o necesita.
- Involucrar a líderes locais en respostas específicas, sustentables e responsables.
- Crear novas alianzas.
- Manterse firme en canto aos dereitos humanos.
- Lograr resultados sen deixar a ninguén atrás.
SÓ QUEDAN CINCO ANOS PARA POÑER FIN Á EPIDEMIA!
- Declaración da OMS. (30 de novembro de 2015)
- Estigma e discriminación hacia as personas con VIH e SIDA.
- 10 datos sobre o VIH/SIDA.
- Preguntas e respostas sobre o VIH/SIDA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario