A Asesoría de Bibliotecas Escolares publicou dúas listas á vista das memorias dos Clubs de Lectura que recibiron axudas a través da convocatoria da D. X. de Centros e Recursos Humanos para o seu funcionamento.
No primeiro posto da lista 40 autores/as máis lidos está Agustín Fernández Paz, quen tamén consta no proxecto do noso Club de Lectura deste curso co fin de colaborar coas actividades programadas polo equipo da biblioteca para a conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que celebraremos do 1 ao 14 de abril e centraremos na figura deste escritor vilalbés.


Ningún comentario:
Publicar un comentario